Maricón, mariconez, mariconada

Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán

O maricón de Marlasca e Nacho Cano forzando o dicionario coa súa famosa «mariconez» produciron dous divertidos debates semánticos, deses nos que se perde pé facilmente e se confunden, voluntaria o inconscientemente, o cu coa misa. A xeira twitera do noso tempo, a inmediatez das reaccións despavoridas, a fina pel dunhas e outras partes e ao pracer que produce a bronca de taberna ou de rede, tracexaron un simpático lenzo costumista cheo de primitivas emocións.

Una ministra chama maricón a un colega e case a fan dimitir. Uns mozos queren mudar una verba duna canción e montan un chulo trebón.

A ver. Centremos. A ministra e Grande Marlasca. Referirse nunha sobremesa a calquera homosexual non presente coa palabra maricón só rebela que comparten un momento descomprimido. Só iso. Se alguén grava esa conversa, é un desleal o un traidor. Se alguén a saca de contexto, mostra a súa escasa intelixencia. Se usan esa bobada para facer escarnio político, descenden varios chanzos no cortello no que converteron a praza pública.

Ao compositor, preso da soberbia e a fanfarronería, non lle valeu de nada a experiencia dos anos para percibir a dimensión icónica da súa frase,

O da «mariconez» no ripio de Nacho Cano, asignado a uns participantes en OT xerou tamén un amplo eco mediático, amplificado pola enorme audiencia do programa e pola pasada gloria de Mecano. Coa súa razón —que comparto— propuxo moi educadamente trocar ese palabro pola expresión «gilipollez»; aceptou incluso «estupidez». Pero non. O compositor demodé non aceptou deportivamente revisar a letra, e impúxolles cantar, contra a súa vontade, esa palabra que lles molestaba.

Ao compositor, preso da soberbia e a fanfarronería, non lle valeu de nada a experiencia dos anos para percibir a dimensión icónica da súa frase, que nos recúa a una homofobia interiorizada e casposa. Unha palabra despectiva, sinónimo do sensibleiro e a baballada. A amable e saudable lección de dous divinos mozos de 20 anos foi quen de derrubar o cemento mental de quen, preso na súa vaidade, non soubo ver máis aló dos seus fociños.

Todos sabemos que moita xente usa «maricón» ou «bollera» para referirse a nós na nosa ausencia. Nós mesmos, en divertido modo relax, chamámonos así con orgullo. Neste ámbito privado, quen lle dea máis importancia da que ten, é algo parviño.

Para analizar o grao de homofobia dunha expresión así hai que mirar máis ao barullo semántico que ao significado de catón. No ámbito público ou no privado, no marco dunha discusión, de risas, entre gays ou entre almas de saturday nigth, como arma de guerra, como brincadeira, con que acompañamento non-verbal, en que ton, con que intención… Todo iso importa.

O demais é felonía, cabronada o escaseza analítica, no caso da pobre ministra á que un cabrón violou a súa intimidade. Ou egocentrismo e anquilosamento  no caso do cantante de antano.

 

 

 

 

 

Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail