Nestes días nos que o fascismo volve, (si, fascismo non me vou retractar), eu só podo pensar nunha cousa: en mercar unhas zapas novas polo día do cancro.
Ademais de ter unhas prioridades discutibles e de que me poidades acusar de frívola (culpable!), en outubro sempre volvo ao mesmo. Que mercarei para mostrar o meu apoio durante todo o ano ás mulleres que padecen un cancro de mama?
As zapas son a quintaesencia do postureo, eu que aborrezo o rollo dos lazos rosas. Compañías e marcas deberían deixarse de coleccións limitadas, camisetas con mensaxe, botellas rosas, zapas e carreiras. Ou facelo, pero doando integramente o recadado a investigación, non só unha porcentaxe que só eles chegan a coñecer. Así todas camiñaríamos cara diante.
En España, cada 20 minutos unha muller é diagnosticada cun cancro de mama segundo datos da Sociedade Española de Oncoloxía do ano 2018. Unha cifra que mete medo e que por estatística fai que todas coñezamos a algunha muller que sofre, loita ou afronta a enfermidade o mellor que pode.
Nesta volta luzeira na que sempre me atopo (a razón neste artigo brillante da señora Morán compenso a miña frivolidade, con esta story que capturei hai tempo en Instagram e que sospeito é autoría de Montse Tanus. Tocádevos. Mirádevos no espello e se recoñecedes algúns destes debuxos nos vosos peitos, ide ao médico.
TOQUÉMONOS. Falamos do succionador de clítoris, facémonos reviews, sacamos o tema en cada cea e asegurámonos de que todas o temos… pero falar de tocarnos para saber como afrontar unha enfermidade que 1 de cada 8 mulleres imos ter, parece que nos da vergonza.
Eu tócome. Aprendín da miña nai. E quizais algún día me dea meses ou anos de marxe. Ou me salve por completo. E fareino cunhas zapas novas coas cicatrices de moitas mulleres. Por postureo, frivolidade ou porque volve o fascismo e por 30 segundos quero ilusionarme cun unboxing de algo que ten significado para min. Aínda que a inversión dos meus cartos probablemente debería estar noutro lugar.
Se tedes dúbidas, estas zapas da colaboración de Vans con Coppafeel xa están de camiño a casa.
Coma todos os anos, this one is for you.