Colle impulso setembro. Temos con nós a dous referentes da galeguidade. Uxía preséntanos o seu novo disco, De tu casa a la mía, unha ponte que estableceu con Javier Ruibal para conectar a Rosalía con Lorca. Carlos fálanos do seu O libro negro da lingua galega. Xuntos comentamos a situación actual do galego. Socioloxía, arte, poesía… mestura empática neste novo encontro de Cultura a todas Luzes.