Desta volta temos unha fusión galaico-portuguesa. Tomamos o vermú coa compañía galega Galeatro, que presentan na MIT Arte sen guión, un espectáculo ambientado no medievo baseado en xogos de improvisación. Unha comedia fresca e directa, con cancións e Historia galega. Tamén falamos con Victor Hugo Pontes, principal capitán da productora Nome Próprio, encargada de Margem… Un espectáculo de danza e teatro que adapta ao presente a novela Capitães da areia, de Jorge Amado. Recolleu historias sobre a marxinalidade infantil na actualidade para traballar despois cun casting de doce rapaces. Sumándolle oito galegos foron vinte en escena.