Unha das tramas sen pechar das Womansplainers era a participación de Ascárida no programa de Tindersplaining. Non aturábamos tanta espera e como sabíamos que moitos argumentos sobre o Tinder non se tocaran coa profundidade que merecían, Ascárida veu para dar o seu punto de vista. Como o necesitábamos!
Tindersplaining II ten aínda moito para dar: algoritmos, autoestima, Raya ou primeiras impresións.
A colección de matches que recibimos e o feito de ignorarmos quen e cantas persoas nos rexeitan crea unha falsa sensación de éxito. Esta ilusión de aceptación pode influír na nosa propiocepción. Falamos da nota que o Tinder pon a cada perfil e como funciona o seu algoritmo. Voltamos sobre o asunto dos filtros e confesamos cales foron os nosos criterios particulares fora da app. Esas condicións que pomos aproxímannos ao noso ideal ou afástannos dalguén, que sendo oposto ao que procuramos, tamén pode ser a persoa certa?
Sexa como for, neste tipo de apps a primeira impresión parece ter moito valor. A facilidade para coñecer persoas pode vir da man do bodyshaming ou mesmo do ghosting. Imaxinade que encontrades o perfil dunha celebridade? Que faríades? Os ricos deixaron de chorar, porque naceu Raya, o «Tinder dos famosos». Sharon Stone tamén sente e padece e ti non o sabías. Escoita o noso programa desta semana, agora coa colaboración de PuntoGal.