Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? in /usr/home/luzes/www/wp-content/plugins/revslider/includes/operations.class.php on line 2734

Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? in /usr/home/luzes/www/wp-content/plugins/revslider/includes/operations.class.php on line 2738

Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? in /usr/home/luzes/www/wp-content/plugins/revslider/includes/output.class.php on line 3679
Xesús Palmou participou na ‘manifestación dos paraugas’ do Prestige – Luzes

Xesús Palmou participou na ‘manifestación dos paraugas’ do Prestige

Acabo de ler un oportuno artigo de Manuel Rivas, que supoño escrito con ocasión do aniversario do accidente do Prestige, que me trae o maxín aquela desgraciada catástrofe ecolóxica e medio ambiental.

Repito, oportuno artigo que, con independencia dalgunha outra imprecisión, froito seguramente do paso do tempo ou do descoñecemento, no que fai referencia a min,   véxome na necesidade de aclarar:

O día 3 do outubro do ano 1999, celebrase en Santiago o Congreso do PPdeG, no que fun elixido Secretario Xeral deste Partido, cargo que seguía ostentando a finais do ano 2002, ocupando o número dous do Partido, despois de Manuel Fraga, e non Secretario de Organización como se afirma.

Na miña condición de Secretario Xeral, o día 29 de novembro, mantiven despacho con Manuel Fraga, no que lle propuxen a conveniencia de que o PPdeG participase na  manifestación cidadá que estaba convocada para o domingo 1 de decembro, polas distintas forzas políticas e socias da Comunidade Autónoma. Fraga, que inicialmente se mostra pouco partidario, finalmente autorizou que o Partido participase, pero que el non asistiría.

Tras esta conversa, xurde a chamada a Manuel Rivas, na miña idea, quizais equivocada, de que el era o coordinador daquela manifestación. Tras a chamada a Rivas, fixen outras a Emilio Pérez Touriño, Anxo Quintana, Xesús Díaz (de CCOO) e Suso Mosquera  (da UXT). Touriño e Quintana amosáronse contrarios a nosa participación alegando razóns de seguridade, mentres que Mosquera e Díaz amosáronse a favor. Non puiden falar co Secretario Xeral da CIG por non estar localizado. Ante a división de opinións sobre a nosa participación e en evitación de posibles incidentes, desistimos de estar presentes.

O mesmo día, pola mañá ofrecín unha conferencia de prensa na que daba conta da disposición do PPdeG a participar na manifestación e do rexeitamento dos convocantes á nosa presenza. Finalmente a miña dona, a nosa filla e mais eu fixemos acto de presenza á altura da Alameda de Santiago, con ledicia dalgúns dos participantes, o visible enfado de outros, pero co respecto de todos.

Esta é a realidade do acontecido e a posición do PPdeG ante aqueles feitos.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail