A Coruña.- Quizá soa esaxerado dicir que tomaron as rúas da cidade, pero os coruñeses levan semanas intercambiando en redes sociais vídeos e imaxes que mostran a unha simpática e pacífica familia de xabarís –dous adultos e tres crías– deambulando paseniñamente polas rúas como quen está pensando empadroarse na vila.
Sucede desde hai anos, pero este verán a presenza deses animais no centro urbano, como amosan algúns vídeos difundidos en X –antigo Twitter– e que saltean este texto, superou a categoría de anécdota.
En #ACoruña, dos jabalíes se colaron esta madrugada en el aparcamiento subterráneo de Os Mallos. Las cámaras de seguridad captaron a los animales en torno a las dos de la mañana. Después de un paseo de media hora entre los cerca de 500 coches aparcados, los jabalíes se fueron. pic.twitter.com/GbULxBOIfn
— A3Galicia (@Antena3Galicia) August 16, 2023
Porcos salvaxes gozando da fonte de Catro Camiños, en pleno centro; paseando por concorridos parques a plena luz do día; cruzando á tardiña a Avenida do Exército, xunto ao porto, para pasear os fuciños alegremente entre a herba das cunetas; garbeando polo subsolo no interior dun aparcamento público, algo descoidados, como calquera condutor que busca entre os coches onde está o seu… Se se unen as gravacións e se lles engade música, ata darían para un entrañable vídeo de vacacións en familia.
Nos últimos tempos non é infrecuente que os animais silvestres, e en especial os xabarís, baixen aos centros das cidades en busca de comida, empurrados pola presión urbanística sobre os seus hábitats na contorna rural das cidades. Sobre todo se estas son pequenas ou medianas, como A Coruña, que non supera os 250.000 habitantes.
🐗Continúa el problema de los jabalíes en A Coruña
📍Esta noche se han paseado por la zona de Tabacalera #RadioCoruña #Coruña pic.twitter.com/riNY0RvWQ6— Radio Coruña Cadena SER (@RadioCoruna) September 14, 2023
Cando diminúe a intensidade da tempada estival, o centro adoita ofrecer noites cálidas e apracibles, sen demasiado tráfico, escasos paseantes a dúas patas e, sobre todo, comida abondosa e de fácil acceso nos contedores de lixo e na terra húmida de parques e xardíns.
Desde hai unhas semanas, a Xunta do PP de Alfonso Rueda e o Concello da alcaldesa socialista Inés Rey téñense declarado a guerra á conta dos porcos bravos. Acúsanse mutuamente de inacción e de eludir o exercicio das súas respectivas competencias, mentres a familia xabaril aproveita o desencontro para seguir pateando tan campante unha urbe cuxos veciños tamén se sumaron ao debate, aínda que moitos non saben de que parte posicionarse.
#Coruña | Nuevo paseo de los #jabalíes por la ciudad, esta tarde por el parque de #SanDiego.
*Gracias a #Martikasss por el. #Vídeo! #Galicia #ACoruña pic.twitter.com/Km0Wn0KtAu
— Silcerino (@silcerino) September 7, 2023
Polo momento, as medidas que ofreceu a Xunta parecen máis rechamantes que efectivas, como instalar gaiolas nas cidades para capturar aos animais e logo devolvelos ao monte ou sacrificalos, ou permitir directamente isto último mediante batidas de seteiros amateur, que xa autorizou en municipios lindeiros.
«Ningunha desas accións vai resolver o problema», advirte Rubén Pérez Sueiras, director de campaña e activista da Fundación Franz Weber. «Trátase dun problema convivencial e o que debemos facer é reverter o proceso de adaptación á contorna urbana que está a experimentar a especie», apunta.
El verdadero peligro que provocan los jabalíes en A Coruña: este vídeo los muestra cruzando las calles cercanas al Parque Europa (afortunadamente los conductores los evitan). Vídeo de Lois Sobrido #ACoruña #jabalíes pic.twitter.com/dlsAed0EpH
— Quincemil (@quincemil15000) September 10, 2023
Segundo un estudo do sindicato Unións Agrarias, en Galicia habitan unhas 9.000 piaras cunha poboación total estimada duns 180.000 de xabarís, que nas zonas rurais provocan danos nos cultivos que esa organización estima de ao redor de 15 millóns de euros anuais.
A Xunta declarou a semana pasada a «emerxencia cinexética» en 248 municipios, o 80% do territorio de Galicia, unha decisión que permitirá cazalos durante cinco meses, ata o próximo 25 de febreiro, practicamente sen restricións. Segundo a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, poderanse abater sen límite de exemplares, xabarís de ambos os sexos, «prioritariamente femias adultas e subadultas de calquera idade» e mesmo, con autorización previa, ás súas crías.
Los jabalíes en Cuatro Caminos! pic.twitter.com/CBfED47Xza
— Voces de A Coruña (@vocescoruna) September 5, 2023
«É a terceira vez que declaran esa emerxencia en cinco anos, e o resultado salta á vista: esa medida non funciona», lembra o portavoz da organización ecoloxista, quen apunta ademais que a presión cinexética sobre as femias xabaril nas zonas rurais contribuirá aínda máis a empuxalos ás contornas urbanas.
A Xunta tamén recomendou aos concellos que procedan a «rozar» o verde en todo o seu territorio, algo que parece máis que imposible e que ademais, segundo os ecoloxistas, non produciría efecto dado que os xabarís poden esconderse en áreas moi reducidas e que, ademais, xa empezaron a instalarse en zonas de escasa vexetación.
#Coruña – La familia de jabalíes 🐗 regresando a la ciudad.
Esta noche caminando por las calles de Eirís.#Jabalí pic.twitter.com/KjdJkzZZ6s
— Eloy TP (@EloyTP) September 5, 2023
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, pola súa banda, culpou ao Goberno de Alfonso Rueda por «abandono de funcións» e lembrou que, aínda que poida «parecer xocoso», os animais representan un serio problema para a seguridade, que a Xunta é responsable do seu control nas zonas rurais para evitar que cheguen ás cidades, e que o Concello pouco pode facer máis aló de enviar á Policía local para vixiar que non causen danos graves. «Que fago, os empadróo?», pregúntase a rexedora.
#Coruña – Esta noche los jabalíes en las inmediaciones del Puerto ⚓#Jabalí 🐗 pic.twitter.com/ZesfrdWukY
— Eloy TP (@EloyTP) September 7, 2023
Jabalíes en el Castrillón ahora mismo. Me pregunto dónde estarán censados? #Xabarín #castrillón #coruña pic.twitter.com/dJpZbdlvSD
— Marta (@martiba77) September 10, 2023