Varios farois decorados pola artista Lupita Hard con reproducións de corpos espidos e slogans a favor da liberdade e a liberación sexual apareceron esborranchados no centro da cidade
A Coruña.- Varias dos farois do barrio Churruca de Vigo decorados por artistas aos que o Concello convidou a facelo nun certame de arte de rúa da cidade, e que contiñan motivos e slogans feministas e a favor da liberación sexual, apareceron vandalizados hai dous días.
Sucede apenas dúas semanas e media logo de que un mural con rostros de mulleres destacadas na loita pola igualdade en Galicia, na céntrica Gran Vía da cidade, a quilómetro e medio de distancia, aparecese con pintadas insultantes contra o movemento feminista por segunda vez en cinco meses.
Os farois vandalizados esta semana corresponden ás que decorou a pintora e poeta Lupita Hard, quen incluíu na súa obra reproducións caricaturizadas de corpos espidos e frases en español como «No me toques el coño», «Lo que hago molesta porque tu cabeza lo pervierte», «Enseño lo que quiero porque es mío», «Amor libre» e «Apaga el fuego que quema y enciende el que arde».
Os farois de Hard foron os únicos esborranchados con espray negro dos ao redor de corenta que foron tratados por varios artistas.
O Concello de Vigo, que preside o socialista Abel Caballero, organizou o certame dentro do festival Vigo, cidade de cor, co que pretende revivir muros, medianeiras e espazos urbanos mediante intervencións de artistas novos, pero tamén de personalidades consagradas.
Lupita Hard (Caracas, 1993) é o alter ego dunha artista multidisciplinar que adquiriu notoriedade en Vigo polos seus graffitis e pola súa actividade en redes sociais, onde conta con ao redor de 30.000 seguidores e nas que con frecuencia colga mensaxes, vídeos e montaxes feministas e sobre a súa actividade artística.
Un dos máis vistos foi o que subiu recentemente despois de que a Policía Local lle pedise a súa documentación cando traballaba nun dos farois, e ela tivese que explicar que tiña un contrato co Concello para facelo. «Cando pintas legal chámanche artista», explicou ironicamente nas súas redes acompañando a unha foto na que ela aparece pintando o farol mentres un axente comproba a súa documentación.
Posteriormente, tamén denunciou que varios viandantes a increparan mentres facía o seu traballo.
Luzes-Público tentou contactar con ela, pero Hard non respondeu. Aínda que o xoves si colgou na súa conta de Instagram un vídeo dun veciño de Churruca que expresou o seu malestar con quen estragou a súa obra, nun informativo de televisión: «A Maja Desnuda [tamén] está espida”.
Público reclamou a opinión do Concello de Vigo, pero ao peche desta información, a insitución tampouco contestara, o que impediu a este diario saber se o Concello prevé contestar positivamente á solicitude de Hard para refacer a súa obra.
A artista recibiu numerosas mostras de apoio e solidariedade, tanto dentro como fóra de Vigo. Unha das primeiras asociacións que lle manifestou o seu apoio foi Rebeldía, organización xuvenil próxima a Podemos. O seu portavoz na cidade, Antía Fernández, explica que «cando unha muller pasa de ser musa a ser artista, tende a ser invisibilizada e/ou infravalorada».
«Goya pintou a Maja desnuda a nun contexto social moito máis máchista e retrógrado que o actual, como tamén foi o caso de Picasso, que pintaba prostitutas. O que está claro é que cando unha muller se empodera e colle as rendas, molesta, porque unha muller valente, forte e sen andrómenas non é o que a sociedade espera. Espera a submisión, o belo». «O que fai Hard é arte, e a arte non ten por que ser belo, ten que provocar. E neste caso, non deixou a ninguén indefetente, Lupita conseguiuno», conclúe Fernández.
En canto ao mural vandalizado a principios de mes, titulado Pioneiras, contiña retratos de mulleres galegas destacadas na loita pola igualdade, e alguén escribiu sobre el en grandes letras «Chiringuito subvencionado», «Hipócritas €», «Violadores extranjeros=silencio feminista» e «Manada de Formentera=silencio feminista».
Pioneiras ideouse como homenaxe ao mural feminista de Ciudad Lineal en Madrid que tamén foi vandalizado o pasado 8 de marzo, Día da Muller. Pintouse sobre un muro de Gran Vía cedido polos seus donos ás asociacións Batucada Feminista Tamborillás e Marcha Mundial dás Mulleres, baixo a coordinación da deseñadora e ilustradora Eva Casais.
Apenas un mes despois de ser inaugurado, o mural vigués amenceu un día cunha gran pintada: «Stop Feminazis».
As mulleres que aparecen nel son Rosario Hernández, vendedora de prensa asasinada por falangisgas en setembro do 36; Corona González Santos, xornalista falecida en 1972 aos 97 anos; Saladina, a muller trans máis nova en facerse un cambio de corpo en Galicia; Urania Mella, filla do pensador anarquista Ricardo Mella e presidenta da Unión de Mulleres Antifascisas de Vigo; Placeres Castellanos, mestra, enfermeira, xornalista e membro da resistencia francesa contra a ocupación nazi; Olimpia Valencia, xinecóloga, primeira galega licenciada en Medicina e Cirurxía; e Carmen González, homeópata viguesa que axudou a decenas de mulleres a exercer o seu dereito para decidir se querían ser nais ou non na peor época da criminalización do aborto en España.