Sanxenxo, epicentro da quinta onda en Galicia: cinco médicos para máis de 100.000 persoas

O Colexio de Médicos de Pontevedra denuncia por prevaricación ao Sergas por deixar sen persoal sanitario os centros de saúde de varios municipios costeiros de la provincia

A Coruña.- En Sanxenxo (Pontevedra) hai tanto glamur en vacacións que un ano ata chegou a impartirse unha xornada sobre os seus veraneantes ilustres da man dun catedrático de Historia. Desde Emilia Pardo Bazán ao rei Juan Carlos antes de fuxir, pasando por Mariano Rajoy cando era presidente e Amancio Ortega co seu iate e a súa filla. Pero entre tanto encanto, o que non hai alí son médicos para atender aos seus 17.000 veciños e aos máis de 100.000 turistas que visitan a vila diariamente no período estival. Nalgúns días chega a albergar a 140.000 persoas.

En plena pandemia e con Sanxenxo convertido en epicentro da quinta onda en Galicia, o cadro de persoal sanitario dos dous ambulatorios do municipio -un deles con punto de atención continuada (PAC) de urxencias- vese obrigado a dobrar quendas ata a extenuación. Sinxelamente, xa no poden máis. Pero a Xunta de Alberto Núñez Feijóo e do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, négase a reforzar os equipos e nin sequera substituíu as baixas de quen se tomou uns días descanso tras máis dun ano de traballo como puntas de lanza na loita contra a peor crise sanitaria que se lembra.

O Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra ten presentando varias denuncias nos xulgados do Penal nas que acusa o Servizo Galego de Saúde (Sergas) de prevaricación por privar a os cidadáns «dunha asistencia decisiva para evitar riscos de gravidade» e de incumprir a lei de riscos laborais, tras recibir preto de duascentas queixas de facultativos da provincia alertando da saturación continuada que padecen. O Colexio, presidido polo xinecólogo Isidro Lago Barreiro, tamén presidente do Consello Galego de Colexios Médicos, asegura que dous xulgados xa as admitiron a trámite.

Nunha carta enviada aos seus asociados, o Colexio lembra que «a precariedade dos medios humanos e a sobrecarga asistencial» aos que somete o Sergas aos seus profesionais en Sanxenxo, e noutras localidades costeiras como Baiona e Nigrán, supoñen non só «un risco persoal para o médico de caer enfermo polo sobreesforzo permanente», senón tamén para os pacientes, «a cuxa atención non se pode dedicar o tempo necesario nin a reflexión diagnóstica precisa».

Segundo fontes da Plataforma en Defensa de la Sanidade Pública de Sanxenxo, no centro de saúde e PAC de Baltar, en Portonovo, hai habitualmente oito médicos de familia e tres pediatras. Pero no que levamos de verán ningún día houbo máis de catro atendéndoo. Tamén hai dous auxiliares de enfermaría que fan labores de reposición de material en dezaséis consultas, atenden todas as urxencias, coidan dos almacéns e asisten nas extracións de sangue. «Unha auténtica barbaridade», sinalan. «Fan malabares para poder cubrir a carencia das tres auxiliares que faltan, máis todo o que conleva o aumento de usuarios no verán. Tendo en conta que a poboación a atender se multiplica agora por oito, e que ademais estamos en plena quinta onda, isto es unha tolemia».

Feijóo, nunha rolda de prensa / Foto: Xunta

No centro de saúde Vilalonga, no Rebel, hai o resto do ano dous médicos, dúas enfermeiras, unha persoa de servizos xerais, unha hixienista dental e unha dentista. Pero no verán o consultorio queda a cargo dun só facultativo. Unha de las enfermeiras colleu onte vacacións. «O enfermeiro que queda terá que asumir a súa cota -1.500 cartillas sanitarias cada un, como os médicos-, ademais de facer os sintrones, as extraccións e as curas a domicilio. No tempo que o enfermeiro estea fóra, o médico quedará só. Non queremos nin pensar no que pasará se aparece unha emerxencia como un infarto o un accidentado grave», alertan fontes da plataforma.

En Baltar cada médico atende a máis de setenta doentes ao día. En Vilalonga, máis de cincuenta e moitos días, máis sesenta. No PAC hai quendas con ata cen consultas. Iso no da nin para cinco minutos por enfermo nunha xornada de oito horas sen descansar.

Ademais da denuncia do Colexio de Médicos, o persoal do centro de saúde tamén denunciou a situación diante da Fiscalía e da Valedora do Pobo. A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Pontevedra acudiu a la Inspección de Traballo para esixirlle que interveña. A Área está dirixida por José Ramón Gómez Fernández, de quen o Consello Español de Sindicatos Médicos ven de pedir a súa dimisión alegando «o elevado nivel de incompetencia demostrado e a nefasta xestión realizada» durante a epidemia.

A  Xunta négase a resolver a situación. O único que fixo foi enviar esporadicamente a Sanxenxo a un enfermeiro, contratar a un garda de seguridade e obrigar aos médicos a discriminar a os seus pacientes segundo sexan veciños ou visitantes. A quenda de mañá para uns, a de tarde, para os outros.

«Nas localidades con máis presión turística e onde a poboación aumenta de maneira considerable, non só non se reforza a atención, senón que se reducen os cadros de persoal», denuncia Manuel Martín, portavoz da Platataforma SOS Sanidade e presidente da Federación Española de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP).

Imaxe dunha concentración en defensa da sanidade pública en Santiago / Foto: Moncho SOS Sanidade Pública

Martín es médico de familia en Marín, a trinta quilómetros de Sanxenxo, e alí tamén se sucederon protestas e manifestacións de profesionais sanitarios e pacientes polos recortes que deixaron en cadro ao centro de saúde.

«A falta de persoal é encandalosa. O Plan de Mellora para a Atención Primaria estableceu no ano 2007 a necesidade de 350 médicos máis», en Galicia, asegura o presidente da FADSP. «Pero desde entón foron producíndose moitas vacantes que quedaron sen cubrir». Agora, máis da metade das médicas e médicos de atención primaria en Galicia teñen máis de 1.400 pacientes potenciais, moi por encima do límite de 1.300 que establecen as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS). En Sanxenxo, en verano, esa recomendación salta polo aire: son 8.750 pacientes por cada médico.

Hai menos dun mes, no peor de la cuarta onda de covid 19, a vila superaba unha incidencia acumulada de 2.000 casos por cada 100.000 habitantes. Sobradamente por riba dos 650 da media galega e dos 250 sobre os que a OMS considera que existe un risco extremo de contaxio para a poboación. Fronte ás alertas dos médicos sobre a situación, o alcalde da localidade, o construtor e ex deputado no Congreso Telmo Martín, do PP, acusoulles de «facer política» e «desatender as súas obrigacións». O xerente da Área Sanitaria e o conselleiro de Sanidade aliñáronse con el. No foi unha sorpresa. Tamén o fixo Feijóo hai tres anos cando se negou a esixirlle responsabilidade algunha cando o Tribunal Supremo deu certeza á sentenza que lle condenou a pagar 2,5 millóns de euros por cobrar sobreprezos en vivendas protexidas da súa construtora.

Antes de que comezase o verán pero coa quinta ona asomando e unhas previsións de dez millóns de turistas polo Xacobeo, Feijóo anunciou que a Xunta pecharía 600 camas de hospital. Galicia é a terceira comunidade española que menos cartos inviste na saúde dos seus habitantes en atención primaria: 182,3 euros por persoa, segundo SOS Sanidade. Só por baixo de Madrid (147,97 euros) e Baleares (178,38).

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña / Foto: Xunta

Luzes-Público preguntou ao Sergas si para o que queda de verano prevé resolver a situación s de Sanxenxo. A Xunta respondeu que fronte «a imposibilidade de cubrir a totalidade das ausencias estivais – xa sexa con profesionais das listaxes de contratación ou con persoal voluntario-» optou «ben por prolongacións de xornada ou ben por intersubstitucións». «É dicir, que o resto dos profesionais dun mesmo centro de saúde atenden provisionalmente o cupo das consultas de pacientes correspondentes ao profesional ausente». Sinxelamente, que duplican o seu traballo.

O Sergas xáctase de que iso ten permitido «manter a continuidade operativa» da área sanitaria. E engade que «dispón de marxe legal e administrativa para estender as xornadas complementarias aos profesionais por necesidades de servizo público».

Sobre as denuncias penais e na Inspección de Traballo, sobre as protestas de profesionais e usuarios e sobre as peticións de dimisión do xerente, a Xunta non se pronuncia.

 

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail