Correntes do Atlántico: São Paulo, todas as derrotas de Pepe Velo

Pepe Velo chegou triunfante a Brasil en febreiro de 1961. A revolución, pensaba, era posíbel. Pasara xa daquela polas cárceres franquistas, por Portugal e por Venezuela, onde se convertera nunha das voces máis reputadas da diáspora. Pero nese ano, Velo embarcara nunha misión: tomar co DRIL o transatlántico Santa María. O seu obxectivo era acabar cas ditaduras ibéricas. O plan non saíu ben. E pese a ilusión da chegada á súa nova casa, a partir de 1961, en São Paulo, para Velo só agardaba a enfermidade, a morte e o esquecemento.

Correntes do Atlántico é un podcast documental de Dona Lola Producións para Revista Luzes, co patrocinio da Deputación de Pontevedra e de Punto Gal.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail