Temos con nós a dous intérpretes da compañía catalana La Calórica, moi acorde con estes días. Adaptaron Las Aves de Aristófanes, traendo aquela historia simbólica ambientada na Atenas clásica á actualidade. Os conflictos das polis non cambiaron tanto ao longo dos anos. Igual que as dificultades da democracia. A dramaturxia fou de Joan Yago e a dirección de Israel Solá, aínda que nos contaron os actores que o proceso foi totalmente en equipo.