Amador Lorenzo, I Premio de Fotoxornalismo Pablo L. Orosa

Amador Lorenzo Blach (Bueu, 1976) acadou o I Premio de Fotoxornalismo Pablo L. Orosa, convocado pola Fundación Luzes. O xurado, constituido polo presidente da Fundación, Manuel Bragado, os directores de Luzes, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas e os fotógrafos Miguel Riopa e Manuel Álvarez, e no que actuou como secretaria Isabel Romero, escolleu por unanimidade o traballo Alvaro de Palleirós, unha serie de oito fotos que retratan o quefacer diario de Álvaro Fernández, un pastor de ovellas que pasa so catro meses ao ano na Serra de Queixa.

Amador Lorenzo compartiu con Álvaro Fernández tres días na súa cabana de pedra, e acompañouno mentras coidaba o seu rabaño. «A visión/mirada do fotógrafo, organiza os elementos compositivos e utiliza a cor e o contraste para reforzar o testemuño da dureza da vida en territorios do rural galego como a serra ourensá de Queixa, onde sobrevive un mundo tradicional e fráxil», segundo a acta do xurado. 

O premio, dotado con 2.500 euros, será entregado o sábado 20 de novembro ás 12,00 nun acto que terá lugar na Fundación Luís Seoane, e no que tamén se presentará o libro Fálame dos silenciados, editado por Luzes, no que se recollen boa parte das reportaxes e textos que Pablo Orosa publicou en moi distintos medios, entre eles a serie en luzes.gal Franqueado no Apacha

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail