Falade galego (pero sen molestar)

A ver. O número de galegofalantes diminúe como o cash dun mileurista, pero o problema «está aí fóra», segundo Alfonso Rueda. Como acontece co resto dos problemas reais, a Xunta non ten nada que ver. Da administración autonómica depende a educación, os medios de comunicación públicos (e, en boa medida, os privados-privados e as empresas que xestionan concesións públicas), a relación cos administrados… pero o problema «está aí fóra». Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán Xosé Manuel Pereiro dan o seu punto de vista de neo/paleo falantes sobre o particular, e non –spoiler– para estar de acordo. Pero será mellor que o escoiten, que se explican eles –ou case todos eles– mellor. Tamén conversan sobre o inicio do xuízo aos que mataron a Samuel Luiz unha noite de copas na Coruña e sobre a chegada da locomotora (ai, non, do AVE!) a Ourense.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail