A Coruña.- O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) anunciou que se suma á convocatoria de folga xeral no sector educativo para o vindeiro martes 24 de outubro realizado pola Confederación Intersindical Galega (CIG).
Fuentes de STEG informaron de que chegaron a un pacto coa CIG para sumarse á convocatoria, que pretende frear o acordo alcanzado pola Xunta e outros tres sindicatos presentes na mesa de negociación –UXT, CCOO e ANPE– sobre redución de cocientes e horario lectivo nos centros de ensino da comunidade. Segundo ese acordo, a Xunta só garante unha redución de 25 a 20 no número de alumnos por aula na educación infantil e primaria mediante un calendario a dez anos que só se cumprirá na súa integridade no curso 2032-2033.
Oferta «pobre» en ano electoral
STEG, que non forma parte da mesa sectorial pero si ten representantes nas mesas de persoal, cualifica de «pobre» a oferta da Xunta, critica que tardase «nove anos» en propoñela e advirte da súa aplicación non repercutirá «na calidade do ensino público» en Galicia.
«Os plans da Xunta non deixan de camiñar cara á privatización e precarización do ensino público de Galicia, despois dos estragos ocasionados durante anos e ás portas dun ano electoral», denuncia STEG nun comunicado, no que reclama a participación na folga «de toda a comunidade educativa», é dicir profesores, e profesoras, pais, nais e alumnado .