VERMIT 02: Marta Alonso e Pablo Reboleiro

A primeira estrea desta MIT 2022. Despois do seu Bailar agora, que tivo unha grande acollida, a bailarina Marta Alonso tráenos un espectáculo a dúo que se representou na Alameda de Ribadavia. Acompañada de Pablo Reboleiro, compoñen xuntos un espectáculo híbrido de xéneros. Mesturan danza con comedia, música, circo…unha fusión entusiasta.

Desta vez si tomamos vermú. Sumáronse tamén Marcos PTT (director e dramaturgo da peza) e Ángel Sosa (técnico da compañía).

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail