1×30: Un café con Xela Arias

Hai días que merecen celebrarse durante un ano e que, á súa vez, celebran unha vida. As Letras Galegas do 2021 adícanse a Xela Arias, poeta e editora que modernizou a literatura galega rachando co feito ata entón. Xela é puro anos 80 e 90, vibrante e salvaxe, amante do rock e a poesía menos mística e máis maldita. Falou precozmente de ecoloxismo, feminismo, maternidade e individualismo como o facemos hoxe en día, adiantándose a décadas de loitas e conquistas. Desde a súa consciencia, Xela achegou a literatura extranxeira xuvenil e infantil a unha poboación orfa de contido. A ela débeselle tanto que o raro foi ter que agardar 18 anos desde o seu pasamento para celebrar a pegada imborrable que deixou, por desgraza, demasiado cedo.
Para repasar a súa obra, figura e trascendencia contamos neste programa especial con Montse Pena, biógrafa literaria de Xela Arias na obra «Intempestiva», e María Yáñez, guionista do documental «Xela Arias. A palabra esgazada», Alba Cid, poeta, e Lois Alcayde, xornalista e escritor. Tamén nos acompañan Lúa Mosquetera, Tamara Andrés e Berta Dávila recitando poemas de Xela e a música de A banda da loba.

 

Podes escoitar o programa clicando aquí

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail