A memoria, colga sempre sobre as nosas cabezas, silenciosa e discreta, pero sempre persistente. É unha realidade que xoga un papel valioso, porque, inevitablemente, como escribiu Borges, «somos a nosa memoria». Gosia Trebacz é consciente deste extraordinario peso e é tamén unha muller do seu tempo que capta o imparable impulso da arte contemporánea, o discurso do presente.
A súa obra móvese nun marco aberto á complicidade, no que diferentes campos plásticos comparten un mesmo espazo. A pintura, a fotografía e o collage son procedementos que amplían o lugar da pintura, acentuando a idea de dimensionar a mensaxe visual estendéndoa máis alá dos límites tradicionais. Cada unha das súas pezas remata, así, ofrecendo rutas multidireccionais.
Direción e edición: Gosia Trebacz
Título da peza: vibración do tempo
Coreógrafa e bailarina: Kirenia C. Martínez Acosta
Poema: Miguel Anxo Fernán Vello
Título: A luz dun laio branco
Música: sons do exterior gravados por Gosia Trebacz
KIRENIA MARTÍNEZ ACOSTA ( Santa Clara, 1980)
Bailarina, actriz e coreógrafa cubana de longa traxectoria artística, con máis de 20 anos de experiencia.As súas creacións foron presentadas en varios paises: Cuba, Bélxica, Suecia, Alemania, Brasil, Luxemburgo, Francia, Italia, Portugal, Hungría, Grecia, Brasil e Inglaterra. Actualmente, ademáis da distribución e/ou desenvolvemento das propostas coreográficas das súas compañías Kirenia Danza e Entremáns, segue colaborando en varios proxectos de investigación coreográfica, literaria, e audiovisual con outras entidades de recoñecido prestixio internacional.
GOSIA TREBACZ ( Cracovia, 1971)
Pintora, deseñadora gráfica, fotógrafa e artista multimedia afincada en España é directora de STO LAT_ taller de arte_ laboratorio de ideas, directora de STOLATART e ten realizado numerosas exposicións ao longo da súa carreira.
ABRIL REPUBLICANO é unha iniciativa artística da Fundación Luzes que se difunde a través de Luzes.gal e Público.