1×17: Ortiga, verbena e a loita contra o raxo con pimentón

En primera liña de verbena, sexa o pobo que sexa, sempre está ese personaxe que baila o que lle poñan sen importar nin quen canta. Todos ollamos para el pensando en como de bébedo ou tolo pode estar, entre risa e comentario. Esa persoa atópase en éxtase, son os seus días máis grandes do ano e non ten medo de compartirlo. O noso convidado desta semana sabe ben de quen falamos, desa caricatura, e sabe moito de verbenas. Ortiga é un renovador desa música tropical de bailoteo e pasalo ben, pero neste programa coñecemos tamén a súa devoción á gastronomía de todo tipo, á música italiana ou o moito que lle gusta Sabela Ramil.

 

Podes escoitar o programa clicando aquí

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail