Terán que lle agradecer aos nosos falantes, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, que viran e escoitaran a mor parte do debate de investidura (Ana Luísa mesmo tomou notas) de Pedro Sánchez aka «El Hijo de…», para poder estar todos de acordo, máis ou menos, na súa análise do que pasou alí. E como poderán escoitar, os detalles nos que uns non repararon, a outras non se lles escaparon, porque oito ollos e outras tantas orellas ven e escoitan máis que o par que todos temos de serie.
