S02E38 – Liberdade de expresión ?

No episodio desta semana, patrocinado por PuntoGal, veu falar connosco a xornalista e deputada lucense Olalla Rodil.

E que mellor sitio que un podcast onde opinamos forte para falar sobre a liberdade de expresión?
Definimos este concepto e falamos de cales son os seus límites. Como lle afecta a lexislación dos delitos de odio? Como cremos que se respeta a liberdade de expresión no estado español na comparativa con outros países?
O auxe das redes sociais supuxo a aparición de novos elementos tanto perxudiciais coma beneficiosos para a liberdade de expresión. Como se pode actuar perante a aparición de bots que condicionan as nosas reaccións cos seus chíos? Como se frean os delitos cibernéticos realizados a través de contas anónimas e que criterio segue o algoritmo para suspender unhas contas e non outras?
Por último, tratamos o tema da autocensura. Que dis e que non dis cando es unha figura pública? Como afectan as túas opinións á túa vida persoal?

Todo isto e máis no episodio desta semana, coma sempre, sen censura!

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail