Manifesto por unha esfera pública sen ameazas

ACO, CTXT e a Fundación Contexto y Acción impulsan xunto a Público, Infolibre, Canal Red, Luzes, El Plural, El Salto, Pandemia Digital, Spanish Revolution, Crític, La Marea e Sin Permiso medidas contra as redes coordinadas para intimidar as voces progresistas.

O medo é a antesala do silencio e moitas voces públicas senten medo hoxe no Estado español. Non podemos toleralo. As e os abaixo asinantes –xornalistas, escritores, xuristas, activistas, profesores, sindicalistas, artistas, cidadanía e organizacións sociais– pedimos á sociedade civil e ás institucións que protexan o espazo público e con el aos seus axentes democráticos, que son un dique necesario fronte ao acoso, as ameazas e a impunidade da extrema dereita trumpista e a súa industria do odio.

A historia ensina que o fin último do autoritarismo é silenciar todo relato diferente ao seu. E esa historia está de volta outra vez. As fórmulas sóannos desgraciadamente familiares. Mentiras, insultos, machismo, homofobia, racismo, desinformación e violencia coordinada, nas redes sociais, os medios ou as rúas, co obxectivo de amedrentar ás voces comprometidas coa democracia que resultan incómodas aos ultras.

Os casos son tantos que non se poden achacar a coincidencias. Unha xornalista é sinalada por un partido neofascista polo seu activismo contra a violencia machista. Un diario de gran audiencia mente sobre o salario dunha informadora da televisión pública. Tres neonazis agriden e gravan na rúa a un reporteiro, sen detencións. Unha comentarista racializada é ameazada coa deportación. Un cómico é acusado falsamente de rirse das vítimas dun accidente fatal. Tras as mentiras chegan as ameazas e o desgaste emocional que fai que nada mereza a pena.

Nas últimas semanas, o nome dunha analista de esquerdas apareceu escrito no centro dunha diana debuxada xunto ás tumbas vandalizadas de loitadoras antifascistas doutro tempo. E a traballadora dun pequeno medio dixital tivo que darse de baixa tras sufrir ameazas de morte en redes. O seu crime: contar como se financian os acosadores disfrazados de xornalistas.

Son as voces atacadas dunha democracia en risco.

Os medios, persoas e organizacións abaixo asinantes pedimos á sociedade civil e ás institucións que se impliquen a fondo nesta loita, porque na liberdade de expresión non cabe nin a liberdade de mentir nin os discursos de odio, e porque é preciso perder o medo para sinalar e denunciar aos autores deses ataques e extorsións.

Reclamamos por tanto ao Goberno e aos grupos parlamentarios progresistas que tomen nota desta gravísima situación e adopten medidas para freala. Cremos que son necesarias reformas legais que permitan sancionar e negar toda financiamento público ás redes organizadas para esparexer desinformación e odio de forma intencionada co propósito de estigmatizar ou difamar a persoas e colectivos vulnerables.

A fiscalía, os xuíces e as forzas de seguridade deben contar con máis medios e formación especializada para protexer con maior eficacia ás vítimas de odio, ameazas e persecución.

É urxente defender a democracia fronte a ese imperio da manipulación sufragado cos impostos de todas e todos, cuxo obxectivo é destruír a convivencia mediante mentiras e intimidación.

A violencia institucional de corte racista que vemos estes días nas rúas de Estados Unidos é o final dun camiño que algúns pretenden empezar a percorrer no noso país. Non podemos permitilo.

Chamamos ás e os cidadáns demócratas a levantarse contra o monocultivo do medo. Fronte ao autoritarismo, todas somos a mesma cousa. Tamén aquí, se atacan a unha atácannos a todas.

Asina o manifesto

Primeiras sinaturas

Yayo Herrero, presidenta da Fundación Contexto y Acción

Pastora Filigrana, directora de Acción Contra el Odio (ACO)

Vanesa Jiménez, directora de CTXT

Manuel Rico, director de Público

Xosé Manuel Pereiro, codirector de Luzes

Virginia Pérez Alonso, directora de Infolibre

Sara Plaza Casares, xornalista de El Salto

Magda Bandera, directora de La Marea

Julián Macías, Pandemia Digital

Chema Garrido, director de El Plural

Julio Martínez-Cava, Revista Sin Permiso

Javier F. Ferrero, Spanish Revolution

Pablo Iglesias, director de Canal Red

Gerardo Tecé, xornalista

Ignacio Sánchez-Cuenca, catedrático

José Antonio Martín Pallín, maxistrado emérito do Supremo

Mónica Oltra, avogada

Miguel Mora, xornalista

Ana Pardo de Vera, xornalista

Soledad Gallego-Díaz, xornalista

Jesús Ceberio, xornalista

Samantha Hudson, artista e activista

Jesús Maraña, director editorial de Infolibre

Danilo Albín, xornalista

Mónica Andrade, xornalista

Irma Ferrer, avogada

Fernando Lezcano, presidente da Fundación 1 de mayo

Nieves Concostrina, xornalista

Jordi Évole, xornalista

Olga Rodríguez, xornalista

Maruja Torres, xornalista

Germán Labrador, profesor

Sarah Santaolalla, analista política

Aitana Sánchez-Gijón, actriz

Antonio Turiel, científico

Belén Barreiro, socióloga

Pilar del Río, xornalista

Lorena Vallejo, xerente

Álex Blasco Gamero, xornalista

Ángeles García, xornalista

Manuel Rivas, escritor

Marina Lobo, cómica

Carmen de la Ossa, profesora

Joaquín Estefanía, xornalista

Alvaro Guzmán, xornalista

Antonio de la Torre, actor

Mercedes de Pablos, xornalista

Pierluigi Morena, avogado

Paco Cano, xestor cultural

Juan Bordera, activista

Ignacio Echevarría, editor

Sebastiaan Faber, profesor

Gonzalo Torné, escritor

Diego Delgado, xornalista

Guillem Martínez, xornalista

Raquel Prado, avogada

Alberto San Juan, actor

Joaquín Urías, profesor

Antonio Tena, profesor

Marina Sáenz, catedrática

Paco Audije, xornalista

Juan Carlos Ortiz, xornalista

Pablo Oliveira, xornalista

Sato Díaz, xornalista

Pablo Romero, xornalista.

Víctor López, xornalista

Alicia G. Criado, xornalista

Begoña P. Ramírez, xornalista

Erly Quizhpe, xornalista

Jose Carmona, xornalista

Emilio de la Peña, xornalista

Marga Espino, funcionaria UE

Javier Valenzuela, xornalista

Andrea Momoitio, xornalista

Pablo Beramendi, profesor

Marina Fortuño, xornalista

Mariano Muniesa, xornalista e conselleiro de RTVE

Ricardo Robledo, historiador

Alejandra Martínez, xornalista

Laura Arroyo, xornalista

Irene Zugasti, xornalista

Raúl Sánchez Cedillo, analista

Manuel Levin, xornalista

Rubén Sánchez, xornalista

Marta Carrasco, xornalista

Carmen Otero, xornalista

Lourdes Gómez, xornalista

Carlos Arenas, catedrático

Emilio Abejón, economista

Lola Cintado, xornalista

Ana Mercedes Cano, xornalista

Mohamed Haidour, activista polos DDHH

Marta Sanz, escritora

Fernando Valladares, científico

Fernando Moraño, cómico

José Cabrera, cómico

Pilar Ruiz, guionista e escritora

Carlos Sánchez-Mato, profesor

Aurora F. Polanco, profesora

Pablo Elorduy, xornalista

Aurora Báez, xornalista

Susana Albarrán, xornalista

Patricia Reguero Ríos, xornalista

Yago Álvarez, xornalista

Álvaro Minguito, fotógrafo

Olmo González, social media manager

Jose Durán Rodríguez, xornalista

Queralt Castillo Cerezuela, xornalista

Javier H. Rodríguez, xornalista

Susana Ye, xornalista

Cristina Peñamarín, profesora

Víctor Alonso Rocafort, profesor

Carlos Aristu, sec. xeral CCOO Sevilla

Ana Jiménez, cooperativista e activista

Gorka Castillo, xornalista

Félix Andrada, editor de arte

Francesc Relea, xornalista

Roberto Uriarte, profesor EHU

Carlos Molinero, guionista

Víctor Sampedro, catedrático

Tomás Rodríguez, editor

Luis García Montero, poeta

Miren Gorrotxategi, profesora EHU

Carmen Cortés, bailaora

Carlos Enrique Bayo, xornalista

Carlos Berzosa, catedrático jubilado

Atxe, ilustradora

Ana Veiga, xornalista

Xandru Fernández, profesor e escritor

Belén Jaráiz, xubilada

Javier Navarro, profesor e arquitecto

Bárbara Celis, xornalista

Carlos Hernández de Frutos, xornalista

Juan Cabello, arquitecto e profesor

Olga Ruiz, xurista

Alain-Paul Mallard, escritor

Ritama Muñoz-Rojas, xornalista

Pedro Olalla, escritor

Steven Forti, historiador

Jorge Urdánoz, filósofo

Celia Montoya Montoya, actriz y activista

Pedripol, viñetista

Carlos Prieto, ingeniero jubilado

Dolors Comas d’Argemir, antropóloga

Francisco Jurado, jurista

Marjorie Eljach, escritora

Juan Francisco Casas, artista plástico

Andrés Villena, economista

Javier Divisa, escritor

Enric Bonet, xornalista

Ramón J. Campo, xornalista

Eduardo Gómez Cuadrado, avogado

Silvina M. Romano, investigadora

Alberto González Pulido, jurista

Georgina Cisquella, xornalista

Helena Sardà Grau, xornalista

Jaime Conde, xornalista

Paco Sarria, xornalista

Ana Liste, xornalista

Juan Oliver, xornalista

Luís Pardo, xornalista

Suso Iglesias, xornalista

Gemma del Valle, directora de comunicación

Luis María González, xornalista

José Manuel Rodríguez Victoriano, profesor

Asier Mensuro, historiador

Tomás Grau, profesor de la UAB

Cristina Santamarina, socióloga

Eva Lootz, artista

Elena Benarroch Vila, socióloga

José Carlos Ruiz, guionista

Diana Lafuente, conservadora de museos

Lucas Platero, profesor de la URJC

Avelino Sala, artista plástico

Carlos Pascual, economista

Isabel Camacho, xornalista

Rosa María Artal, xornalista

Yolanda Virseda, profesora

Cláudia Morán, xornalista

Sonia Vizoso, xornalista

Marcos Sanluis, xornalista

Ana Cermeño, guionista

Lois Pérez Díaz, escritor

Javier Hernández, profesor e escritor

Clàudia Munné, xornalista

Amelie Aranguren, activista cultural

Jesús Dionisio, arquitecto

Isolina Dosal, diseñadora gráfica

Felipe Nieto, historiador

Luisa Aleñar, xornalista xubilada

Silvia Alcoba, artista visual, docente

Jacqueline Pingarrón, deseñadora de moda

Isabel Martinez Reverte, xornalista

Antonia Moya, bailaora de flamenco

Juan Aranzadi, antropólogo

Celia Montolío, traductora

Carlos Garzón, realizador de TV

Rafael Díaz Arias, profesor e xornalista

Luisa Aleñar, xornalista jubilada

Jose Candón Mena, catedrático

Joan Busquet, xornalista

Juan Manuel Rodríguez, informático

Daniel Granados, consultor cultural

Ferràn Peracho, galerista

Pepa Moreno, editora de arte

Sergio Riesco, profesor na UCM

Mónica López Pineda, psicóloga

Luis López de la Peña, axudante parlamentario

Lola Fernández Palenzuela, xornalista

Rafa Esteve, xornalista

Marta Lage de la Rosa, profesora UCM

Luisa Martín-Rojo, profesora

Lola Gómez de Aranda, editora de arte

Ricardo Robledo, profesor

Juan Tortosa, xornalista

Héctor Grado, profesor

Agustín Martínez , xornalista

Elisabeth Anglarill, xornalista

Belén Fernández Suárez, profesora de universidade

Luis Mengs, realizador e produtor

Fernando Berlín, xornalista

Isabel Jubert, produtora

Jordi Serrano, editor de Memoria del Futuro

Susana Hernández, actriz

Miguel de Casas, produtor audiovisual

Juan Ramón Mora, viñetista

Paloma Farré, traductora

Organizacións

Facua

La Fragua Projects

Al Descubierto, Centro de Estudios Contra el Odio y la Desinformación

Asociación de Víctimas y Afectados por Noticias Falsas (AVANF)

Asociación Repensar el Sistema

Federación de Asociaciones de Estudiantes Solidarios Aragoneses (FAESA)

Asociación Redes para la Transformación Social

Federación de Asociaciones de Estudiantes de Aragón (FADEA) Federación de Alumnos Plataforma de Asociaciones de Estudiantes (FAPAE)

Fundación de Acción Laica

Asociación INTEGRA

Voluntariado Joven

Asociación Magenta

Colectivo LGTB de Aragón

Asociación Mujeres Libres

Asociación Juvenil Movimiento por los Derechos del Alumnado (MOVIDA)

Asociación Contra el Cambio Climático del Planeta

 

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail