CTL76: Isabel Vigo (APOI)

Continuamos cos programas que fixemos no Culturgal co apoio de .gal! Desta volta falamos con Isabel, que coordina o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). É o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego puxo a andar en abril de 2007. Un arquivo público e accesible que ofrece gravacións orais e musicais e os datos necesarios para poñelas no seu contexto cultural.

http://apoi.museodopobo.gal/

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail