Por que sufrimos cada vez máis extremos climáticos?

En España pasamos uns seis meses sen chuvias e, de súpeto, no prazo de dúas semanas, tivemos inundacións superiores ao que marcan os rexistros meteorolóxicos.

O problema non é a intensidade. Nas efemérides dos últimos séculos podemos encontrar fenómenos intensos de cando en vez, pero polo xeral, illados no tempo e no espazo.

Hoxe os fenómenos extremos repítense cada pouco e extendense a grandes áreas xeográficas. Non só en España, evidentemente, senón por todo oglobo. Por exemplo, os incendios en California.

The Conversation

A tromba de augua que caeu en Sant Llorenç des Cardassar, Mallorca, en outubro de 2018 levou por diante máis dunha decena de vidas.
Shutterstock/zixia

Con respecto ás inundacións recentes en España, a causa é clara. Un exceso de vapor de aguua embalsado entre as cadeas costeiras da cordilleira do Atlas en África e as serras españolas, e invasións bruscas de aire frío.

Mapa das correntes de aire que circulan sobre o planeta.
Author provided

Sobre o planeta circula constantemente unha corrente intensa de aire, a uns 10 km de altura, producida pola diferencia de temperaturas entre o ecuador e o Polo. Esta empuxa o aire de sur a norte e a aceleración de Coriolis desvíao caro o leste.

O máximo de intensidade deste chorro de aire, o chorro polar, sitúase sobre o punto de máximo gradiente de temperatura. No invierno, co polo moi  frío, adoitaba estar sobre Marrocos. En verao, sobre o Cantábrico.

Hoxe, o cambio climático causado polo ser humano, o máis rápido desde que existe a Tierra, quentou o Polo Norte. O máximo gradiente desprazouse cara o norte, e no verao está sobre a latitude de York, en Inglaterra.

A predición máis fácil e segura é que cada ano que pase teremos fenómenos cada vez máis extremos

O chorro de aire frío non circula moito sobre España de maio a novembro, e de aí as secas.

Ao diminuír a diferencia de temperaturas entre ecuador e o Polo Norte, o río de aire, como un río de augua que chega a unha chaira, empeza a facer grandes meandros. Cando un deles se sitúa sobre España, inxecta aire moi frío en altura e, nese momento, empézanse a producir os vórtices que deixan chuvias intensas.

O aire frío en altura succiona o aire quente cargado de vapor de auga. Outra vez a aceleración de Coriolis fai que o aire, ao subir, forme un vórtice, un torbellino que se autoalimenta mentres haxa augua quente abaixo e aire frío arriba: un minifuracán.

Tivimos un destes meandros do chorro polar hai 15 días. Foi entón cando en Arganda del Rey, en Madrid, acumulouse un metro vertical de sarabia Temos outro meandro intenso desde o 11 de setembro. Este produciu inundacións en Murcia (onde o Segura está canalizado e soe ir baleiro) como non as houbo desde o século XIX (cando o río non ía entre murallas).

Seguimos queimando carbono a esgalla. A enerxía solar non despega.

A predición máis fácil e segura é que cada ano que pase teremos fenómenos cada vez máis extremos.

 

Antonio Ruiz de Elvira Serra, Catedratico de Universidade de Fisica Aplicada, Universidad de Alcalá

Este artigo foi publicado originalmente en The Conversation. Lea o orixinal.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail