Cultura a todas luzes abre o telón. Un podcast de actualidade (e non tanta) de cultura galega variada: música, artes escénicas, exposicións, literatura e audiovisual. Comezamos este novo podcast facendo unha serie de encontros á hora do vermú na MIT de Ribadavia. Charlamos con Tatán R. Cunha, titiriteiro e membro de Tanxarina (premio de honra do festival deste ano), e Ernesto Is, dramaturgo asturiano afincado en Galicia responsable de dúas das dramaturxias galegas presentes na programación.
