Unha semana máis o mundo non deixa de sorprender a Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, o que fala bastante da súa capacidade para o asombro, porque hai cousas que son máis predecibles que o guión dunha peli de tarde.
Por exemplo as maneiras pouco democráticas e nada deliberantes do grupo parlamentario do Partido Popular de Galicia, que xa non perde o tempo nin en votar en contra as peticións de comparecencia da oposición na comisión sobre os contratos menores na pandemia e a xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro. Que o noso Alberto pida a comparecencia de outros mentras escapa da súa entra dentro do mesmo guión e nin pide perdón nin parece que lle importe.
Os que si que pediron perdón esta semana foron varios acusados de asasinar a Samuel Luiz cunha malleira. Din que non son culpables, mais piden perdón. Cousas veredes.
E outro que non pide perdón porque vai ao seu é Elon Musk, e así iste vaise e aquel vaise e todos, todos se van; Twitter sin xentes quedas que te poidan traballar. Cara onde marcha a xente? Pois non se sabe moi ben, mais de entrada para onde non se organice todo para que teña razón sempre a ultradereita.