A Fiscalía abre dilixencias penais contra a Xunta polos incendios en Ourense

A fiscal delegada de Medio Ambiente investiga unha denuncia dunha asociación ecoloxista pola inacción do Goberno de Alfonso Rueda fronte aos lumes do pasado verán.


A Coruña.- A Fiscalía de Ourense iniciou a incoación de dilixencias de investigación penal pola denuncia presentada pola plataforma Por un monte galego con futuro relativa aos incendios producidos este verán na provincia de Ourense e a inacción coa que, segundo os ecoloxistas, respondeu o goberno que preside Alfonso Rueda.

Segundo informou a Fiscalía nun comunicado, a investigación iniciada pola fiscal delegada de Medio Ambiente ábrese polos lumes ocorridos entre os meses de xullo e agosto nesa provincia.

A Fiscalía informa de que se dirixiu á Xunta a través dun oficio para que informe acerca de «cantos operativos se fixeron cargo da extinción, medios materiais e humanos» que se encargaron de combater os lumes. «A Fiscalía está pendente da resposta», engade.

Os incendios do pasado verán queimaron máis de 4.000 hectáreas en Galicia, boa parte delas na provincia de Ourense.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail