Esta semana o noso equipo opinador de garda, Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro atende sen retraso e pasan unha ITV a Galicia para ver se funciona. Spoiler: sae mal. Porque pensabamos que da pandemia sairíamos mellores, mais non foi o caso para atención aos dependentes galegos, que reciben pouca e con retrasos, das peores do Estado.
Quen disque saíu moito mellor da pandemia foi a parella de Isabel Díaz Ayuso, aínda que agora sexa vítima da persecución salvaxe de Facenda, que somos todos. Debe ser pola envexa que lle temos de non mercar pisos no centro de Madrid.
Houbo tempo tamén para falar desa nova tradición catalá: o adianto electoral. E houbo división de opinións, Pere Aragonès non quere que Lluis Llach sexa candidato á presidencia da Generalitat e algún dos nosos non quere que cante de novo.
E pechamos cunha exclusiva: resolveríamos unha incognita que non deixa durmir tranquilos aos nosos ouvintes desde hai quince días?
Se non queda satisfeito co programa, devolvémoslle o diñeiro!