Ofrendas e mentiras

A nova alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, asegura que non participará no acto relixioso ese no que o Rei, en persoa ou mediante subcontrata, lle pide ao Apóstolo (á estatua que está catedral) que faga o que o poder real –en todos os aspectos– non quere ou non pode facer. A oposición revólvese, e O Neno da Aldea (Feijóo) advirte que está disposto a cubrir calquera oco institucional que haxa. Antón Losada (que, ao contrario de Feijóo, é vecino de Santiago) di que el é partidario de encher todos os buracos institucionais, pero que a alcaldesa fai ben en non ir onde non quere. Ana Luísa Bouza e Marta Otero Mayán, rebordando sororidade, concordan con Goretti Sanmartín, e Xosé Manuel Pereiro opina tamén algo, pero non se lle entende.

Onde non hai sororidade que valla, e a fenda xeneracional ábrese a ful, é no caso do debate electoral entre O Guapo e o Neno da Aldea. Marta Otero prefire os debates medidos e ordenados, e Losada e Bouza apostan polo cruce libre de mentiras e medias verdades. Pereiro, pola súa parte, debeu aforrar velo.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail