Menos (nada de) periodismo

Os xornalistas menten? Os policías fabrican probas para incriminar xente inocente? Nas películas si e, polo que se ve, ou máis ben polo que se escoita, na realidade tamén. Na española, polo menos. Ana Luisa Bouza e Antón Losada, que de ser vilipendiados por rivais políticos algo saben, e Ana Pardo de Vera, que ten compartido plató con xentalla como Eduardo Inda, analizan eses feitos que soamente parece escandalizar a unha pequena parte da clase política e a non moita da periodística. Todo iso con algunha interrupcións de Xosé Manuel Pereiro.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail