Os Irmandiños

Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán

Botándolle o outro día unha man á miña filla para preparar un exame de Historia, atopeime de súbito cos Irmandiños. O libro de 2º da ESO dun instituto madrileño pon como exemplo das revoltas durante a Idade Media aos «80.000 campesiños galegos que se levantaron contra os seus señores feudales».

Non podo negar que tiven un momento de orgullo patrio porque, ademais poñían, a dos Irmandiños entre as revoltas máis importantes ocorridas en Europa naqueles séculos. E, ademais, non é nada fácil atopar referencias a Galicia nos libros que se estudan nas Españas; mesmo ás veces nin sequera en Galicia.

Acordeime desta anécdota dos Irmandiños estes días vendo o espectáculo das mareas galegas ante as eleccións do 28 de abril. Máis que Os Irmandiños son o exército de Pancho Villa ou a Fronte de Judea dos Monty Python.

Os populares galegos poden quedar como a última aldea gala dun partido en caída libre. Feijóo pode quedar no alto da montaña galega do PP observando os restos do exército de Casado e compañía

Resulta que, se o entendín ben, os que se presentan como En Marea xa non son os que eran hai catro anos e os que estaban nas mareas agora van como Galicia en Común con Podemos e IU e Beiras, sempre Beiras; iso sen contar os desencantados en xeral e o Bloque que podería ter unha ocasión de ouro para volver ao Congreso aínda que, de momento, as enquisas non os captan.

O escenario á esquerda do PSOE é un campo de batalla no que xa non se sabe cales son dos nosos e cales os inimigos. Sexa como sexa, é un panorama que favorece claramente os socialistas que volven rendibilizar o voto útil para frear as tres dereitas en Madrid.

Tres dereitas que, de momento, en Galicia parece que van seguir sendo, sobre todo, unha. Vox non parece que vaia a facerse oco e se Ciudadanos saca algún deputado será por inercia e non pola súa implantación en Galicia onde os populares galegos poden quedar como a última aldea gala dun partido en caída libre no resto de España.

O 28 de abril, Feijóo pode quedar no alto da montaña galega do PP observando os restos do exército de Casado, Teodoro e compañía que máis que os Irmandiños, poden ser os Caladiños.

Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail