Como se pretende instalar Altri na Ulloa ou como quere ficar Alcoa na Mariña? As dúas multinacionais e os seus socios locais usan a mesma táctica, aparvarnos a ver se cansamos. Esa é a teoría que manexan Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro no noso episodio de hoxe, no que fan un chamamento a manifestarse o domingo 15 de decembro en Santiago contra a celulosa e outro chamamento a que fagan seu traballo á Xunta e ao goberno central para que asuman as súas responsabilidades no caso da factoría de alúmina-alumnio en Xove. A maiores, aínda lles queda tempo para pasmar co papo da administración autonómica, que devolve ao Estado millóns de euros que non dá gastado/ou non quere gastar en garderías públicas. E para apostar pola palabra do ano que escolle a RAG. Na nosa urna, Aparvar(se) levou 3 votos e Cantareiras, 1 (adiviñen quen a que). Pero vostedes voten como se fosen libres