Como artista multidisciplinar, traballa fundamentalmente coa fotografía, a escritura e o vídeo. A súa linguaxe baséase na poética, nas posibilidades expresivas das imaxes e na hibridación de formas e formatos. Por outra banda, a súa experiencia e formación no cine e as artes escénicas aportan unha dimensión corporal e sonora a moitos dos seus proxectos, e aumentan a narratividade das súas propostas. O seu traballo responde ao medio que a rodea, tomando como puntos de partida as vivencias e as emocións, sobre todo arredor da memoria, do baleiro e dos vínculos, así como da meta-reflexión sobre a imaxe e os seus usos.