1×36 Café Derby Fest: Grande Amore, Dani e Verto

Todo o bo chega sempre ao seu fin e nós non podemos ser menos. Logo de máis de 9 meses case ininterrompidos, o que vén sendo un embarazo practicamente, estreando programa cada mércores, este o noso querido podcast comeza as súas vacacións de verán. Para facelo por todo o alto e non fallarlle ao espírito que tanto pregonamos, contamos con vellos e novos coñecidos, adiantos e promesas para a seguinte tempada e unha chea de anécdotas.
Benvidos ao Café Derby Fest, un formato especial xunto a Grande Amore, dani e Verto no que pasamos de pedantería e cousas serias para meternos de cheo no interesante: verán, amigues, troula, tendencias, temazos e cía.
Grazas por todo o apoio nos últimos meses a este pequeno pero ambicioso proxecto que é un chisco de cada persoa que nos escoite. Voltamos en nada! Feliz verán!

 

Podes escoitar o programa clicando aquí

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail