Correntes do Atlántico: Salvador de Baía, que aconteceu cas mulleres?

Dona Lola, Rosario Albán, Bette Blanco, Lourdes Valencia. En Salvador de Baía, a cidade máis galega de todo Brasil, os relatos de catro mulleres narran a corrente que uniu as montañas de Pontevedra ca urbe baiana. Tamén, en certo modo, a historia de todas as mulleres que, obrigadas ou non, afortunadas ou non, marcharon de Galicia para comezar unha nova vida en América. Porque nunha diáspora que sempre se relatou en masculino, Salvador de Baía é unha excepción.

Un podcast documental de Dona Lola Producións para Revista Luzes, co apoio da Deputación de Pontevedra e Punto Gal.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail