A Coruña vólcase cos xuvenís do Deportivo, que o mércores pasado reuniron en Riazor a máis de 20.000 persoas nas semifinais da UEFA Youth League
A Coruña.- Que un equipo de xuvenís convoque a máis afeccionados nun partido que algúns clubs da primeira división de fútbol non é para nada habitual. E menos nunha cidade do tamaño da Coruña, con algo menos de 250.000 habitantes nunha comarca que apenas supera os 400.000.
O pasado mércores, o Xuvenís A de o Real Club Deportivo reuniu no estado municipal de Riazor a 20.115 persoas, que acudiron ao encontro de volta contra o Dynamo de Kiev das semfinales da Youth Champios da UEFA, que xogan futbolistas de entre quince e dezaoito anos. Unha cifra similar á que rexistran os partidos do Deportivo, que xoga na liga Federación, o equivalente á antiga segunda división B do fútbol profesional.
Foi toda unha mobilización social, que lembrou á cidade que hai non moito tempo o seu equipo estaba na elite: o Dépor gañou unha Copa do Rey na tempada 94/95, unha Liga na 99/00 e tres supercopas de España, en 1995, no 2000 e no 2002. Era a época da presidencia de Augusto César Lendoiro, cando o equipo tamén disputaba competicións europeas e cando moitos partidos de Champions League acababan con baños multitudinarios na fonte de Catro Camiños e con formigoneiras pintadas de branquiazul percorrendo o centro urbano.
Aquela era do Súper Dépor de Lendoiro deixou ao club cun palmarés envexable, pero tamén con enorme débeda que foi comprometendo a súa capacidade financeira e que lle fixo ir perdendo xogadores, partidos e esperanzas ata descender de categoría na tempada 2017/2018, e, de novo, na 2019/2020.
O ano pasado,a pesar de ser o equipo con maior orzamento da liga Federación -o accionista maioritario é a Abanca de Juan Carlos Escotet, que situou na Presidencia do club ao exconselleiro de Industria da Xunta Antonio Couceiro-, o Dépor tampouco conseguiu volver a segunda.
Pero este ano os xuvenís, adestrados por Manuel Pablo García Díaz, que xogou de lateral no primeiro equipo supliron aqueles desgustos. «Hoxe [polo venres] díxenlles que son uns privilexiados, que moi pouca xente con quince, dezaseis e dezasete anos pode dicir que ten detrás todo o que eles teñen», di o adestrador, que se recoñece tamén afortunado por poder vivir «algo irrepetible». «Foi unha tremenda sensación de unión, ilusión compartida, de corazón», engade.
«O fervor que hai cos rapaces probablemente é consecuencia de tocar fondo», explica Adrián Candal, xornalista deportivo de Radio Coruña SER. «O club centrouse, apostouse pola canteira e o resultado foi que a cidade volveu a darse conta de que o Dépor forma parte da súa identidade e de que estes rapaces son o futuro», asegura.
Para facerse unha idea en Madrid ou en Barcelona do que representa que 20.000 persoas vaian ver un partido en Riazor, hai que extrapolar as cifras a esas cidades. O resultado é algo así como se máis de 260.000 persoas fosen ver aos xuvenís do Real Madrid ou do Atlético, ou máis de 128.000 aos do Barça. Nin o Nou Camp, nin o Bernabeu nin o Wanda Metropolitano, os estadios máis grandes de España, teñen nin de lonxe o aforo suficiente para albergar a tantos afeccionados.
O récord do pasado mércores en Riazor non se fraguou nun día. Porque a pesar de que o primeiro equipo xoga na terceira categoría estatal, o club segue contando co apoio dunha gran masa social: preto de 20.000 socios, máis dos que teñen moitos equipos de primeira, como o Vilarreal, o Levante, o Alavés, o Mallorca, o Osasuna e o Granada. E moitos deles seguen ao equipo cada fin de semana. «Teño ido a cubrir partidos a moitos sitios onde había máis afeccionados do Deportivo que do equipo de casa: Tudela, Majadahonda, Calahorra…», conta Candal.
Os socios tamén acoden habitualmente a ver ao Dépor feminino, que xoga nas instalacións de Abegondo, un municipio da comarca da Coruña onde é habitual que se esgoten as entradas. E tamén ao partidos do filial masculino, o Fabril.
O primeiro equipo do Dépor pasou 44 tempadas en segunda división e 46 en primeira. Moi preto do que o argot futboleiro se coñece como un «equipo ascensor». Pero ao contrario doutros clubs e doutras cidades, onde a afección adoita ter a un dos grandes como alternativa se o primeiro non xoga en primeira, na Coruña hai tempo que a opción preferida da afección máis nova é o Dépor. Aínda que o ascensor levase ao soto ao primeiro equipo.
Así opina Carlos Carballal, portavoz da Federación de Penas do Deportivo e presidente da pena A Torcida da Cabana, de Carballo, quen atribúe boa parte dese éxito ao feito de que os xogadores máis novos se criaran na canteira: «A maioría dos que hoxe teñen dezasete anos chegaron ao club con sete, oito, nove anos. Fan verdade iso de que senten as cores. Non son do Madrid, nin do Barça. Son do Dépor».
Os xuvenís empezaron a engaiolar de verdade aos afeccionados o ano pasado, cando se clasificaron para a final da liga Nacional. Fixéronse co campionato tras gañar ao Real Madrid en semifinais e ao Barcelona na final, o que lles deu o pase para xogar esta tempada a Youth Champions. Na eliminatoria contra o MKS Pogoń Szczecin polaco, en novembro pasado, reuniron a 8.522 afeccionados en Riazor. Na seguinte, en decembro contra o Maccabi Haifa de Israel, xa eran a máis de 12.000.
Na volta das semifinais do mércores contra o Dynamo caeron na quenda de penaltis tras empatar a dous goles nun partidazo enorme. Pero ninguén na Coruña parece sentirse derrotado. Ao contrario. A sensación é que eses mozos, o seu club e quen foron wvelos están a darlle ao deporte unha lección sobre o que de verdade significa gañar.