Revisar os marcos: «A lingua en xogo»

O martes 9 de setembro, dentro da actividade Revisar os marcos que a Fundación Luzes realiza cada mes en colaboración coa Asociación Alexandre Bóveda, Marta Otero Mayán e Alberto Pombo, presentados por Ana Luisa Bouza, falaron sobre lingua e deporte.

A conversa partía da reportaxe do noso número 142 asinada pola propia Marta Otero e por Pablo Vázquez Varela mais aproveitamos a presenza de Alberto Pombo, un dos membros do equipo detrás da campaña «Aquí tamén se fala», para falar sobre esta e outras iniciativas nacidas no IES Rafael Dieste e a oportunidade para a lingua que supón a chegada de adolescentes galegos e galegas coas súas familias desde lugares alonxados.

Unha hora chea de reflexións ilusionantes que convidan a alonxarse de prexuizos que non achegan solucións aos problemas do galego.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail