Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán
A pandemia da covid-19 ten xerado unha competición por desenvolver unha vacina ás carreiras. Só nos Estados Unidos hai arestora nove candidatas en fase III de ensaios clínicos, a última antes de solicitar o permiso de produción ás autoridades competentes.
Esta circunstancia, xunto á baixada de Trump nas enquisas ante a súa eventual reelección e o anuncio do goberno ruso sobre o pistoletazo de saída á produción dunha vacina sen completar a última fase, provocou unha situación asimilable á carreira espacial iniciada trala Segunda Guerra Mundial, coa diferenza de que agora hai moitas vidas en xogo. Vaiamos por partes.
Como se aproba unha vacina nos Estados Unidos?
O desenvolvemento dunha vacina é un longo e complexo proceso que culmina coa chamada «fase III», un gran ensaio clínico no que participan milleiros de voluntarios para asegurar que a vacina é eficaz e non provoca efectos secundarios. Unha vez completado este último paso, a empresa farmacéutica que desenvolve a vacina solicita o permiso para comezar a súa produción e comercialización.
No caso dos Estados Unidos solicítaselle á Administración de Alimentos e Medicamentos dos Estados Unidos, ou FDA polas súas siglas en inglés. Tantas deben ter sido as presións recibidas polas empresas farmacéuticas para saltar este paso e solicitar a aprobación da FDA antes das eleccións á Presidencia estadounidense, que nove empresas farmacéuticas norteamericanas asinaron un acordo comprometéndose a finalizar esa última fase.
Confrontación de dous modelos políticos
Convén comparar o caso dos EUA co de Rusia, que aprobou unha vacina sen culminar os ensaios clínicos protocolizados, e Europa, onde se firman preacordos coas farmacéuticas respectándose os procesos de verificación.
Sen ir máis lonxe, no Reino Unido paralizouse o ensaio clínico da vacina de Oxford por un caso de posible reacción adversa, colaborando cunha das empresas americanas mencionadas anteriormente.
En realidade, asistimos ao choque de dúas mentalidades: a do estado de benestar, que impera en Europa e prima os intereses da cidadanía, e a mentalidade populista con tendencias autocráticas que prima actualmente nos Estados Unidos e Rusia, que pode chegar a poñer por diante do interese xeral da cidadanía o interese particular dos seus gobernantes. Xa non se trata de imaxinar políticos morais, senón de conformarse con que nos queiran facer trampas coa política, poñendo ao seu servizo mesmo a ciencia.
Dignidade e prezo
A cooperación sempre sae máis rentable a medio prazo, se supera as tentacións do miope curtopracismo e a insolidaria fórmula do sálvese quen poida. Seguindo a célebre distinción kantiana, en definitiva trátase de considerarnos como personas ou cousas, é dicir, como seres humanos que temos unha dignidade ou como unha especie de mercadorías ás que se lle pode poñer un prezo, como fai quen decide instrumentalizar a calquera prezo o electorado.
As formulacións demagóxicas do trumpismo e os seus homólogos noutros lugares veñen probar que a reflexión ética e os valores propios da tradición ilustrada deberían poder impoñerse sobre uns intereses econóicos que menosprezan algo tan fundamental como a nosa saúde, antepoñendo os intereses electorais ou comerciais a calquera outra consideración.
Converter os electores en cobaias humanas
Tras negar inicialmente a gravidade da pandemia e recomendar logo beber lixivia para protexerse, Trump agora propúxose converter os seus compatriotas en «cobaias humanas». O soño americano estase a converter nun pesadelo social. A xente sen fogar vai en aumento, sobre todo despois da crise financeira de 2008. Moitos perden o seu patrimonio ao caer enfermos e carecer dunha cobertura sanitaria que lle garanta ser atendido sen caer na miseria.
Así, a era Trump caracterízase polo enfrontamento e o malestar social. A pandemia non fixo máis que engadir leña ao lume, e ademais prodúcese un gran paralelismo coa Rusia de Putin. Poderíase até sospeitar que Trump fose un simple monicreque de Putin, o excoronel da KGB que domina como ninguén os labirintos do ciberespazo e sabe perfectamente o que quere. Nesta nova carreira espacial podería parecer que os rusos levan a dianteira, se non houbese tantas vidas en xogo.
Os problemas de acelerar as vacinas
Se se aceleran as vacinacións sen esperar a completar os ensaios clínicos, existen dous escenarios inquietantes: que a vacina non resulte efectiva, co cal as persoas seguen expóndose ao virus a pesar de non estar protexidas, ou que esta produza efectos adversos en determinados segmentos da poboación.
Ambos os dous escenarios serían desastrosos en termos de vidas humanas. Quizais por iso un dos líderes do Goberno na carreira da vacina norteamericana, Moncef Slaoui, está a considerar seriamente se continúa á fronte.
Unha vacina filosófica contra a demagoxia
Todo isto lévanos a pensar que son malos tempos para unha pandemia. Hai que cribar as noticias falsas e inocular grandes doses deontolóxicas nos medios de comunicación, para evitar que sigan propagándose os populismos proclives ao totalitarismo.
As consignas da da Ilustración poden servir como vacina contra tanta demagoxia.. Urxe lembrar á cidadanía que debe pensar por conta propia sen deixarse tutelar polos demagogos.
Afortunado predominio do criterio científico
Afortunadamente, as empresas responsables das investigacións ao redor da mellor vacina posible desatenderon as presións políticas ditadas polo oportunismo de Trump.
Neste contexto, a paralización do ensaio clínico da vacina de Oxford pode non ser tan mala noticia. Deamos tempo á ciencia a seguir o seu curso se queremos saír desta pandemia coas menores baixas posibles.
Matilde Cañelles López, Investigadora Científica, e Roberto R. Aramayo, Profesor de Investigación IFS-CSIC (GI TcP). Historiador das ideas morais e políticas.
Este artigo foi publicado orixariamente en The Conversation. Lea o orixinal.
Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán