A Xunta anuncia en precampaña unha convocatoria de axudas aos medios de comunicación que repartirá dous millóns de euros

A Secretaría Xeral de Medios publicou a convocatoria a unha semana do comezo da campaña electoral. O obxectivo das axudas é a «normalización da lingua galega», pero os xornais favorecidos publican na súa maioría en castelán. La Voz de Galicia e Faro de Vigo son os diarios que máis perciben.

A Secretaría Xeral de Medios anunciou as axudas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión para o ano 2020, a unha semana do comezo da campaña e a un mes da cita electoral, na que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, espera renovar a que sería a súa cuarta maioría absoluta. O ano pasado, La Voz de Galicia recibiu case un millón de euros e o grupo Prensa Ibérica, do que forman parte Faro de Vigo e La Opinión, 370.000 euros. Segundo o Goberno galego, a actividade das posibles empresas favorecidas debe de estar orientada á «defensa da identidade de Galicia» e á «normalización do galego», pero ata a data, estes xornais publican na súa maioría en castelán.

O crédito asignado para cada tipo de axuda distribuirase entre varios criterios de valoración, informa a Xunta. O 74% do total dependerá da difusión de exemplares, do número de oíntes e do número de visitas do medio. E do restante, valorarase nun 24% que o medio publique en galego e só se terá en conta nun 2% que estas entidades defendan a normalización do idioma. De feito, para poder concorrer ás axudas, a Xunta só esixe que as empresas que se presenten empreguen o galego «como mínimo» nun 10% da súa información, e é por iso que a maioría das subvencións van para os grandes grupos mediáticos que publican en castelán.

[Puedes seguir leyendo este artículo en castellano aquí]

A secretaria de organización da Conferencia Intersindical Galega ( CIGA)- plataforma que denunciou publicamente estas concesións- Susana Méndez, conta a Luzes que isto coincide nunha «precampaña inmediata», aínda que esgrime que ocorreu tamén fóra da inmediatez das eleccións. «A través destas liñas de subvención como a do galego, adxudícanselle cantidades importantes a medios que non promocionan a lingua», explica. «O uso que se lle dá a ese diñeiro é evidente».

A Secretaría Xeral destinará para 2020 a mesma cantidade de orzamento que o ano pasado. A distribución das axudas divídese en: axudas a xornais impresos en formato papel (1.255.000 euros); axudas a entidades radiofónicas privadas (266.400 euros) e axudas a empresas xornalísticas que difundan a súa actividade informativa mediante internet (455.377 euros), segundo anuncia na resolución de convocatoria o Executivo autonómico.

Desta maneira, en 2019 La Voz de Galicia (o máis lido) recibiu polo seu formato en papel 553.757€, pola súa radio 28.489€ e por informar tamén en internet 294.360€; Faro de Vigo, 242.808€ e por Internet 74.499€ e La Opinión da Coruña, case 54.000€ en total, ambos conforman o grupo Prensa Ibérica; séguelle O Progreso de Lugo con 150.000€; por detrás, A Rexión, xornal con sede en Ourense, con 110.000€; Diario de Pontevedra por ambas versións chega aos 79.000€. En canto ás empresas radiofónicas, a que maior importe recibe é a Cadena Cope, con 73.702€, e séguelle Onda Cero con case 60.000€; despois, Cadena Ser con case 30.300€.

Tamén a Xunta destinou axudas a empresas de publicación periódica íntegra en galego, como Sermos Galiza con 23.000€ ou Barrios con 19.000€, as cifras máis altas, que distan moito das cantidades anteriores. Así mesmo, Medios non financia diarios tan lidos na comunidade como poden ser Praza Pública (íntegro en galego e que pertence ao diario.es) ou Galicia Confidencial (galego e castelán).

Desta maneira, o diñeiro partirá da Secretaría Xeral de Medios que preside Mar Sánchez Sierra, en «réxime de concorrencia non competitiva». Para o Goberno galego é necesario que se poñan os «adecuados instrumentos de financiamento ao servizo da potenciación e difusión dos medios» para promover a liberdade de expresión e de difusión, algo que se pode alcanzar cuns medios de comunicación «plurais e independentes», reflicte a convocatoria de axudas. Os beneficiarios das cantidades máis altas teñen unha liña editorial claramente de dereitas e unha posición afable ao actual goberno da Xunta e a Feijóo.

É por iso polo que a Xunta de Galicia estableceu varios convenios con eses medios de comunicación para difundir publicidade institucional a parte destas axudas, de maneira que non publicaron unha convocatoria aberta como a anterior. Entre 2009 e 2017 asináronse ata 400 convenios cun procedemento negociado sen publicidade, tanto para medios galegos como para nacionais que teñen sede en Galicia. Entre eles publicitouse a promoción do uso do galego ou a prevención dos incendios forestais, cando a Xunta gastou 77.000 euros en 2017 (o ano máis duro dos incendios na comunidade) para establecer contratos a dedo, a través do método de «contrato menor». Neste formato non se poden descargar da web os documentos e ao cabo dunha semana elimínanse. Desta maneira difundíronse en medios impresos mensaxes procedentes do goberno galego como: «Galicia coas vítimas, Galicia contra o terrorismo incendiario».

A CIGA segue denunciando estas «artimañas» da Xunta para adxudicar certas axudas a medios impresos ou dixitais para que a liña editorial sexa afín aos intereses do Partido Popular. Méndez conta que o PP «xa condiciona esta información dende os medios públicos», porque «é evidente a manipulación e os traballadores levan moitos meses en conflito» a través da plataforma Defende a Galega.

Agora, en precampaña electoral, a Xunta continúa nunha tónica similar, utilizando diñeiro público para vender aos populares. A Xunta Electoral obrigou ao Goberno autonómico a retirar unha campaña que é practicamente igual á do PP de Galicia. O lema, «O rural é moito» foi unha campaña da Xunta que custou 2,5 millóns de euros. Despois de anunciar o adianto electoral o PP abandeirou un slogan parecido: «Galicia é moito». Foi BNG o quen denunciou o 25 de febreiro o semellante, tanto pola tipografía como polas imaxes. A Xunta tivo que retirar a campaña.

Fonte: BNG

 


Este artículo publicouse en orixe en castelán en Público como parte dun acordo de colaboración con este periódico. Aquí podes atopar máis artigos de Público en Luzes
cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail