No país das enquisas, España, nunha houbo tantas como agora. Enquisas sen regular. Enquisas sen pai nin nai e con resultados que calcan ao milímetro a liña editorial do medio que as difunde. Antón Losada, Ana Luísa Bouza e Xosé Manuel Pereiro conversan sobre o asunto e pásmanse coa polémica das macrogranxas, que mesmo se reproduce nun país, Galicia, onde non as hai, como asegura o noso invitado, Edelmiro López Iglesias, doutor en Economía pola USC e experto en temas agrarios.