As Bichas somos Rosi&Sofi. Xornalistas serias que neste podcast facemos de reporteiras dicharacheras. Sobreanalizamos temas que nos resoan e para os que nin nós mesmas temos respostas. Se cadra non as hai.
Este primeiro episodio vai sobre volver a casa, e tamén sobre marchar. Facémonos preguntas: Que é unha casa? A xente que a habita? Pódense ter varios fogares e ningunha casa? É posible sentirse na casa sen enchela de fotos e plantas? Emigramos por precariedade ou por ansias de aventura? Como se habita unha casa tras a perda? E sobre todo: Será posible que non rajemos de señoros nalgún episodio?