Corrupción e límite do perfeccionismo moral

Os recentes escándalos do PSOE son unha trampa mortal para a esquerda, que comproba estes días como declina sen remedio nas enquisas. A trampa ten nome no terreo da teoría política: perfeccionismo moral. A autoesixencia de reducir ao máximo o espazo entre os grandes ideais que se predican e a virtude pública que se exerce cada día para mellor. Ao longo da historia de España parece claro que este erro se situou moito máis á esquerda que á dereita.

E é que a esquerda ama os seus ideais por non velos realizados aínda, ou só parcialmente cando menos, mentres que a dereita convive cos seus erros de xeito indulxente. E isto, vai de seu, é un problema para a esquerda cando goberna, do mesmo xeito que é un problema para a dereita o feito de ser demasiado autoindulxente.

Lémbrese o episodio «exemplar» de tempos recentes: a dimisión de Casado. Enfrentouse a Ayuso apuntando ás súas prácticas pouco exemplares. Dimitiu en menos do que canta un galo. Quen sabe se, de ser outra a reacción, podería plantar batalla durante algún tempo máis.

Dos riscos do perfeccionismo xa nos advertir Thomas Jefferson cando afirmou aquilo da «confianza xeral no Goberno é a nai do despotismo. Un Estado libre fúndase na desconfianza, non na confianza». Sinalaba con isto que as constitucións limitadas existen para atar aqueles en quen depositamos o poder. Ou, como di o apotegma varias veces citado, «temos que escoller os mellores e vixialos coma se fosen os peores».

En España este problema tivo una excepción durante un efémero período de tempo: as forzas da nova política, entre outras Podemos, Barcelona en Comú, Marea Atlántica, etc. Nacidas ao abeiro do 15-M, estas forzas fixeron seu o mandato de lograr unha democracia máis acabada que a que xorde do réxime do 78. Elaboraron para isto toda unha serie de documentos, códigos éticos de acordo aos que se deberían comportar os cargos electos.

Non foi estraño que xeraran tanto apoio, moi especialmente nun momento de dexeneración democrática por parte do PP. Xa saben, aquela maioría absoluta de Mariano Rajoy, última antes da crise do bipartidismo. Non cabe dúbida de que o dilema que se formulaba era de índole moral, mais non como o fixera no mellor resultado electoral da IU de Anguita ou do PCE de Carrillo, senón dun xeito radicalmente distinto.

Con distintas aproximacións, Podemos, Barcelona en Comú, a Marea Atlántica e outros experimentaron contra o perfeccionismo moral. Non se trataba de ser mellores, nin de non cometer erros. A cousa era seguir a institucionalidade da que se dotaran. Os deputados, concelleiros e outros cargos públicos, por exemplo, cobraban moito menos do que o establishment político. Este acordo contractual foi subscrito por milleiros e a bon seguro moitos máis dos que nunca acadara a esquerda (lémbrese que no Congreso lograron 69 escanos fronte aos 21 da IU de Anguita, ou os 23 do PCE de Carrillo).

De feito, ese segue a ser o principal problema da nova/vella política. Que se fixo do código ético? Sintomaticamente, hoxe vemos sobrevivir a políticos de profesión que desde aquel momento fundante non volveron mellorar resultados. E alí seguen, con contadas excepcións, elección tras elección, coma se os resultados non fosen unha terríbel advertencia e o código ético non dixera nada sobre a limitación de mandatos.

O dilema da esquerda, sobre todo da esquerda máis á esquerda (pois maior esixencia supón o seu discurso), non é estar corrupto ou non, feito do que non estarían libres en ningunha formación política. O problema é cómo dotarse doutra institucionalidade e respectala ou marchar. Os socialistas entenderon ben isto ao sinalar que a cousa é que se fai coa corrupción, non como se impide. Mais isto non abonda. Agora arriscan no Congreso con medidas insuficientes.

No entanto, Sumar debería facer as cousas doutro xeito. Para comezar, respectando o pactado coa cidadanía. Un só exemplo que liquidaría a boa parte da plana maior: cantos dos líderes políticos levan aí oito anos ou menos? A democracia é unha forma de goberno onde pode mandar calquera por un tempo determinado. E isto non é un detalle menor. Forma parte da esencia mesma da democracia. Non é de recibo estar a falar dunha renovación democrática capaz de acabar coa corrupción e, ao tempo, non respectar os mínimos.

Máis nos vale que se poñan as pilas. Non se trata de fundar outros partidos de novo. O poder e a experiencia son un punto, e iso fixo que fora intelixente pactar con forzas progresistas da vella política, mais estas fixeron o agosto (resolveron boa parte da débeda que lastraban) e agora volven esmorecer e endebedarse. E o que é moito peor: volven traicionar a cidadanía que un día acreditou neles.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail