1×33: Prado Rúa e Cousas Rarísimas, Tik Tok e negacionismo do zodíaco

Durante séculos as historias para asustas aos meniños incluían a persoas descoñecidas que os raptarían ou pequenos diaños que se lles meterían nos miolos para saber o que pensan. Cousas polo estilo que metían medo para evitar futuros problemas, así era e segue sendo a tradición oral. Curiosamente hoxe en día firmamos e cedemos permisos sobre os nosos datos como quen come pan, sen xeito e sen miralo moito. Resulta que os algoritmos saben máis de nós que moitas persoas próximas, polo menos de gustos, e deixamos que nos organicen a vida dixital por preguiza. Mudamos l conto para facer uso das malas artes que traían os monstros. Eses algoritmos funcionan e melloran a medida que nós lle damos uso, un exemplo claro e fulminante é o de Tik Tok, cunha técnica calibrada para embobar. Parolamos disto cun dúo xa mítico da rede galega, Prado Rúa e Cousas Rarísimas, creadoras de contido online. Tamén falamos do ASMR, da nenofobia, de pais irresponsables ou de rachar co uso estereotipado do galego na rede.

 

Podes escoitar o programa clicando aquí

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail