Nos filmes de Hollywood os xornalistas sempre berran que son americanos cando os deteñen, seguro que non é o caso dos españois. E se o fan parece que ten pouco efecto, visto o que está ocorrendo con Pablo González en Polonia.
No programa desta semana visítanos Xabier Lapitz, director e presentador de En Jake na ETB, para traernos novedades sobre o seu caso.
En clave nacional (e estatal) comentamos tamén a xira por provincias do noso Alberto e o estado no que deixa ao goberno galego mentras madura as súas opcións no Partido Popular. Agora que semella que a pandemia vai rematando, a Xunta vai ter un presidente por videoconferencia.
Como cada semana, con Antón Losada, Ana Luisa Bouza e Xose Manuel Pereiro: a actualidade está sobrevalorada.