Xogar con lume

Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán

O PSOE xogou con lume forzando a repetición electoral e o domingo saberemos de que grao son as queimaduras. Convocar ás urnas co enfado do electorado de esquerdas pola incapacidade de formar goberno e facelo nun contexto de tensión máxima en Cataluña ao coincidir coa sentenza do procés era un grave erro e unha irresponsabilidade.

Así o temían a maioría dos dirixentes territoriais do partido que, con todo, calaron ante os designios de Pedro Sánchez e o seu gurú, Iván Redondo. Hoxe tíranse dos pelos.

Os graves incidentes en Barcelona puxeron o Goberno contra as cordas durante varios días. As forzas da orde publico tiveron que facer auténticos equilibrios porque na Moncloa sabían que unha maior contundencia policial custaba votos pola esquerda, pero unha maior condescendencia cos violentos arruinaba as súas expectativas polo centro. Ao final, puideron perder polos dous lados.

A campaña foi un calvario para o PSC, desesperado ante os incidentes, case perde polo camiño o federalismo no programa electoral e logo decátase en directo no debate que Sánchez recupera a idea de Aznar de considerar delito a convocatoria de referendos. E como remate, o patinazo coa Fiscalía e Puigdemont.

A nova convocatoria electoral ten catapultado a VOX, porque coincidiu coa sentenza do procès e eles souberon capitalizar o cabreo da dereita dura española e a exhumación de Franco que lles permitiu mazucar os seus apoios cos restos franquistas

O outro factor que converteu esta campaña nunha ruleta rusa é Vox. A ultradereita foi abandonando o PP de Rajoy hai un par de anos por consideralo un brando e case un traidor. O incendio catalán deulle ás e plantouse hai un ano no Parlamento andaluz. PP e Cidadáns déronlle mando en praza ao facer depender o goberno dos seus votos e logo marcharon facer os tres xuntos a foto de Colón que Sánchez utilizou con astucia para convocar e gañar as eleccións de abril chamando a votar para frear a ultradereita. Daquela funcionou.

Vox pareceu desinflarse durante o verán, pero a nova convocatoria electoral tenos catapultado, primeiro porque coincidiu coa sentenza do procès e eles souberon capitalizar o cabreo da dereita dura española que pedía cadea perpetua para os lideres independentistas e, por se faltaba algo, a exhumación de Franco permitiulles mazucar os seus apoios con todos os restos franquistas que quedan en España e que son máis dos que pensabamos.

Así as cousas, chegou o debate, o primeiro para Abascal e ante a incredulidade xeral de toda a audiencia, nin Sánchez, nin Casado, nin Rivera, nin Iglesias salvo nunha ocasión, se plantaron ante o discurso xenófobo, supremacista e do odio do presidente de Vox. Estivo tres horas a pracer en todas as televisións mentres os demais se tiraban pedras entre eles.

O resultado foi que Vox se disparou nas enquisas que continúan a facerse, aínda que non se publiquen, e que estea nalgunhas por encima dos 60 escanos. Seguramente non chegará tan lonxe o domingo, pero o problema xa o temos en casa. O león está fóra da gaiola. Un grupo racista e machista de ultradereita como terceira forza política. E encima un PSOE á desesperada agárrase ao voto do medo a Vox para intentar salvar os mobles. Máis gasolina.

A irresponsabilidad destes políticos, o primeiro o presidente do Goberno, é moi grave: foron incapaces de formar goberno desde hai 4 anos e leváronnos a estas cuartas eleccións no medio dun escenario endiañado e no que por suposto non se puido falar dos graves problemas sociais e económicos que teñen uns cidadáns, fartos da política e cunha nova crise á porta. E o peor, é que os políticos seguirán cos seus cálculos e tácticas a partir do luns. Algúns xa os consideran unha xeración perdida da política española.

Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail