Alfonso Villares, o amigo de Rueda imputado por agresión sexual ao que o PP despide como a un heroe

A Coruña.- Cando o cargueiro Tococano vertíu máis de 26 toneladas de bolitas de plástico en decembro de 2023 fronte á costa galega, dous meses antes das eleccións autonómicas de febreiro do ano seguinte, o entón conselleiro do Mar, Alfonso Villares, restou importancia ao suceso e deixou para a posteridade un meme parecido ao que no seu día converteu a Mariano Rajoy no señor dos hilillos da xestión da catástrofe do Prestige. Aqueles minúsculo plásticos non representaban perigo algún para a saúde das persoas, dixo, porque se o peixe chegaba a inxerilos, o seu tracto dixestivo os devolvería tal cal ao océano: os pellets «entran por onde entran e saen por onde saen», espetou.

Aquela estrafalaria reflexión escatolóxica deu a Villares (Cervo, Lugo, 1970) uns cuantos minutos de gloria nos telexornais estatais. A pesar do seu cargo á fronte dun departamento de enorme relevancia para a economía de Galicia, ao que chegou da man de Alfonso Rueda sen apenas coñecementos sobre o sector, era un dos conselleiros menos coñecidos mesmo dentro da comunidade. Despois dos pellets, seguiu séndoo incluso dentro de Galicia. Entrou e saíu daquela crise como un símil do seu meme, e a súa formación gañou aquelas eleccións de novo por maioría absoluta.

Villares, que dimitiu dos seus cargos a semana pasada despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) lle informase de que está imputado por un delito de agresión sexual, si intoxicou agora a imaxe da política galega, con Rueda e o PP autonómico, incluídas as mulleres cos cargos orgánicos e institucionais máis relevantes do partido, despedíndoo como a un heroe a pesar da gravidade dos feitos polos que se lle investiga. Se Villares entrou en política silenciosamente, como un minúsculo pellet pola boca dun peixe, o PP conduciu a súa saída pola mesma cano pola que transita a prensa sensacionalista, conservadora e ultra que pon o foco das agresións sexuais nas vítimas.

Villares iniciou a súa carreira no PP como concelleiro da súa localidade natal, de 4.000 habitantes, a cuxa Alcaldía accedeu en 2007 por maioría absoluta. Por entón, Alberto Núñez Feijóo era líder da oposición galega e Rueda o seu segundo. Segundo fontes próximas ao partido, o hoxe presidente da Xunta e o seu xa exconselleiro empezaron a trabar unha incipiente e cómplice amizade, que derivou na designación de Villares como vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Gañou por maioría absoluta catro eleccións máis, e foi apontoando a súa posición ao compás da de Rueda, que tardou pouco en consolidarse como deflín de Feijóo.

Sen experiencia nin xestión

Tras as muncipais de 2023, Villares nin sequera chegou a tomar posesión da Alcaldía de Cervo, porque o seu mentor, que acababa de acceder á presidencia do Goberno galego, o nomeou conselleiro do Mar do seu primeiro gabinete. A pesar de que nin pola súa profesión –é veterinario formado na Universidade de Santiago– nin pola súa experiencia de xestión –o porto de San Cibrao, en Cervo, é unha pequena dársena sen calado suficiente para grandes pesqueiros que depende ademais doutro organismo– se lle presumíans competencias para o cargo.

«Antes das eleccións de 2024 veu por aquí a dicirnos que se volvía ser conselleiro do Mar non tardaría un mes e medio en regresar para poñerse á nosa disposición e escoitar as nosas demandas», conta Inma Rodríguez Paz, presidenta da asóciación de mariscadoras OPP-20 da Illa de Arousa (Pontevedra). «Desde entón non volvemos a saber del», engade.

Alfonso Rueda e Alfonso Villares, na toma de posesión do segundo como conselleiro do Mar / Foto: Xunta

Villares obtivo un escano nas autonómicas de 2024, pero renució a el cando Rueda decidiu que só dous dos seus conselleiros fosen tamén deputados, para garantir que non perdería a súa maioría en votacións importantes por ausencias sobrevindas por motivos de axenda. Ao contrario de como erroneamente informou en Luzes-Público o correspondente que asina esta peza, a súa aforamiento, ao que Villares ten renunciado, non deviña da súa acta parlamentaria, senón da súa condición de conselleiro. O presidente galego sabía da súa imputación desde hai catro meses, pero o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non consultou esa circunstancia á Xunta ata o pasado 30 de maio.

As mariscadoras de Arousa como Inma Rodríguez son un dos sectores máis contestarios contra a política pesqueira da Xunta, que Villares xestionou nos dous últimos anos sen demasiados espaventos nin boutades como aquela de os pellets que entran e saen. Preservou con celo a súa vida privada –ten dous fillos, pero nunca confirmou se está casado ou ten ou tivo parella –, e cultivou en público a súa proximidade ao líder rexional do partido, con quen comparte anella afección á bicicleta e a quen se arrimou case todas as veces nas que Rueda promocionou o Camiño de Santiago, pedaleando diante sas cámaras polos diversos roteiros que o compoñen.

Persoa relevante no partido

Máis aló do seu traballo como conselleiro do Mar, explotou tamén esa faceta de persoa relevante no PP como membro destacado do círculo íntimo de Rueda, deixándose ver habitualmente nas feiras da Galicia gandeira interior, departindo cos clientes das tascas e os asadores itinerantes que os domingos serven callos, polbo e churrasco en multitude de pequenas localidades situadas a quilómetros da costa. Nos dous ámbitos, rural e litoral, o exconselleiro segue tendo irredentos e acérrimos defensores que se apresuran a enarborar o discurso oficial do partido e dos seus portavoces, para destacar a súa honorabilidade, apoiar a súa presunción de inocencia e insinuar sen probas as supostas intencións espúrias da versión da muller que o denunciou.

A algúns, de feito, nin sequera fai falta preguntarlles off the record, como lle sucede ao patrón maior da Confraría de Pescadores de Corme (A Coruña), Roberto Vidal Pombo, quen o pasado mércores, pouco despois de que Villares anunciase a súa dimisión, colgou este chío na súa conta de X: «Que unha denuncia dunha muller poida arruinar tan fácil a vida un home é ben triste […] Moito ánimo, conselleiro, que se arranxe todo canto antes. Es unha gran persoa, grazas polo trato recibido».

Ese relato que a dirección galega do PP puxo en marcha e a liña que baixou ás súas bases para defender a Villares non só redunda no apoio explícito a un imputado por un delito sexual, senón que ignora e despreza a situación de quen di ser a súa vítima e o feito de que é ela a primeira que ten visto arruinada a súa vida. Polos feitos, en primeiro lugar, se fosen certos, e porque os programas da televisión sensacionalista e os medios da dereita e a ultradereita non informaron en directo do caso desde o domicilio de Villares, que ninguén coñece, senón desde o seu, e son a  familia directa, a súa parentela, as súas amizades e as súas relacións íntimas, non as do exconselleiro, as que están sendo arrastradas con nome e apelidos por titulares e faladoiros.

«As violencias machistas son unha cuestión pública relevante, e Rueda e o PP ocultaron a denuncia durante catro meses»

«O máis terrible é a mensaxe que se lanza ás mulleres que sofren violencia machista porque, con independencia da presunción de inocencia que se debe respectar a calquera acusado, o que fai esa imaxe bochornosa de Rueda abrazándose o xoves a Villares é situar á Xunta ao lado dos agresores, e non das vítimas», advirte Ana Ermida, alcaldesa do Bloque Nacionalista Galego en Barreiros (Lugo).

Ermida explica que apenas coñece a Villares e que a relación institucional que mantivo con el é similar á que ten cos alcades doutros partidos da comarca ou con calquera outro directivo da Fegamp. Pero critica que Rueda, o PP e o exconselleiro estean a tratar de instaurar na opinión pública a idea de que non teñen por que dar explicacións do ocorrido, porque formaría parte da esfera íntima e da vida persoal do imputado. Coma se as agresións sexuais fosen un inocuo meme que puidera entrar e saír circunstancialmente da vida política sen envenar aínda máis de machismo a sociedade, ou coma se Villares fose un diminuto pellet que pode atravesar de lado a lado o aparello dixestivo do PP sen manchar a ninguén. «Non, as violencias machistas son unha cuestión pública relevante», sostén a alcaldesa. «E eles ocultaron a denuncia durante catro meses».

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail