Cousas serias e cousas do politiqueo

De que valen os protocolos de protección por moito que cumpran se o resultado é un asasinato? Pode ser un acoso no que rexistraron 56 actuacións cualificado de «risco medio»? Que o maltratador sexa membro dos corpos e forzas de seguridade do Estado é un agravante ou non? O asasinato de Vanesa Serén en Oia a mans da súa exparella presenta estas e outras interrogantes.

E interrogantes hai, unha chea, no mundo pos e preelectoral. Beade (apoiará o excalde do PP ao PP?); Santiago (apoiará o PSdeG ao BNG, ou tan sequera ao PSdeG?), Pontevedra provincia (quen triunfará, Vigo ou Rodeiro?). E logo os clásicos: Ourense (concello e provincia), ese mundo propio, e a esquerda da esquerda española, ese planeta particular. Pasen e escoiten.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail