O Comité de Memoria de Celanova atopa ás netas de Abelardo Suárez do Busto, un dos últimos defensores de Asturias asasinado no campo de concentración da localidade ourensá
A Coruña.- O Comité de Memoria Histórica de Celanova, en Ourense, logrou localizar aos familiares dun dos sete soldados republicanos asturianos fusilados nesa localidade polas tropas de Joaquín Ríos Capapé, o xefe da Bandeira de Falanxe de Marrocos orixinario da localidade fallega, que viaxou a Galicia coas súas tropas para celebrar a toma de Madrid en marzo de 1939.
Os restos dos represaliados foron achados este ano nunha fosa común do cemiterio da localidade, e a investigación do Comité permitiu coñecer as súas identidades. Pero nada se sabía dos seus descendentes. De feito, a familia do primeiro dos asasinados cuxos parentes puideron ser localizados non tiña noticias súas desde que foi internado en 1939 no campo de concentración de Celanova, un dos máis mortíferos do franquismo en Galicia.
O Comité de Celanova leva meses buscando aos familares dos mortos. Entre eles aos de Abelardo Suárez del Busto, un albanel de 28 anos que formaba parte das últimas tropas da defensa repubicana de Asturias. Abelardo tentou fuxir a Francia cos seus compañeiros a bordo dun barco, o Gaviota, tras a caída de Xixón, pero todos foron capturados polas tropas franquistas e, tras ser sometidos a un Consello de Guerra, enviados a Celanova despois de pasar polo sinistro campo de concentración de Camposancos, preto de Tui, en Pontevedra.
As tropas de Ríos Capapé fusilaron a Abelardo o 22 de setembro de 1939. O tribunal que o xulgou xunto a varios dos seus compañeiros condenouno á morte tras dar por probada a súa militancia na UXT e na Federación Anarquista Ibérica, unha das organizacións políticas máis activas nas primeiras décadas do século pasado. Tamén lle acusaron de participar no asalto a dous cuarteis militares franquistas durante a guerra.
Tras descubrir a fosa e estudar os documentos forenses e eclesiásticos que relacionaban aos cadáveres achados nela coa represión desatada en Celanova polas tropas de Ríos Capapé, os técnicos do Comité de Memoria empezaron a investigar para atopar ás familias dos represaliados.
A única pista que tiñan era un breve comentario nun blogue asinado no 2009 por Graciela, unha muller que preguntaba se alguén sabía que fora de Félix Suárez Do Busto, un dos presos de Celanova. Pero o blogue fora desactivado facía tempo.
Graciela, a quen a súa familia coñece en realidade como Gracia, é xunto a María José e Luís Enrique unha das tres netas de Abelardo. E explica a razón de que buscase ao seu avó Félix, e non a Abelardo:«“Chamábase Abelardo Félix, pero en casa sempre escoitei referirse a el como Félix. No 2009 tentei buscalo. Tempo despois, deixei un pouco de lado o asunto. Pero a miña irmá María José e a miña sobriña Irene dixéronme que debía insistir», conta.
O Comité iniciou a investigación sobre a fosa a finais de 2020. Había información sobre os fusilamentos e os nomes dos sete asturianos figuraban en publicacións do historiador Domingo Rodríguez Teijeiro, da Universidade de Vigo. Ademais, había outras evidencias «en fontes orais indirectas da existencia da fosa no cemiterio parroquial de Celanova», aseguran fontes da organización.
O Comité publicou as actas de defunción dos sete asasinados e fixo públicas as causas que levaron contra eles e que permanecen no Arquivo Militar de Ferrol. Trasladaron a documentación á Dirección Xeral de Memoria Democrática da Consellería de Presidencia do Goberno de Asturias, que dirixe Begoña Serrano, e ás asociacións memorialistas asturianas. E lograron localizar ás descendentes de Abelardo.
“Era fillo dun carretero. Era albanel. En casa eran moi pobres. Non sabía ler nin escribir, por iso nos escritos da causa aparece a súa firma co dedo”, explica Gracia, Graciela.
«Emilia, a miña avoa, sabía que o seu marido estivera preso en Celanova. O seu fillo maior, Enrique, morreu. Foi outro mazazo para ela, que casou despois por segunda vez. Os meus paise emigraron a Francia e a miña irmá e eu criámonos con eles. A miña nai morreu fai tres anos, xusto un 3 de outubro. Este domingo, durante o aniversario, déuseme por buscar en Facebook cosas sobre Celanova. Atopei a páxina do Comité, a información sobre o acto da semana anterior no patio do instituto, onde estivera o cárcere, co Goberno asturiano. E apareceu o nome do meu avó… Deseguido llo dixen á familia, e a miña sobriña Irene decidiu escribir ao Comité. Por iso estamos aquí», afirma.
Fuentes do Comité de Memoria de Celanova aseguran que a asociaciòn é partidaria «de que se proceda a exhumar os restos que puidesen acharse» na mesma fosa na que se atopou o cadáver de Abelardo. Unha iniciativa que, ao amparo da nova lei de memoria democrática, en trámite parlamentario, «pode levar adiante calquera Administración pública», aseguan.
O Comité tamén é partidario, se así o desexan os familiares, de que poidan realizarse as correspondentes probas de ADN «para confirmar» defintivamente as identidades dos asasinados. Unha vez realizada este labor, a decisión sobre que facer cos restos corresponderá ás familias ou, en ausencia de familiares, ao Goberno de Asturias». «Mentres tanto, o Comité traballará para que os nomes dos sete asturianos sexan lembrados no lugar» e que este «sexa tratado como un espazo de memoria», conclúen.