Trump, lodos e bulos

O lodo non só está a cubrir rúas e casas en Valencia. Tamén cimenta carreiras políticas, en todas partes. Por exemplo nos Estados Unidos de Norteamérica, onde Donald Trump un candidato que renega da democracia liberal que é o tótem do país acaba de ser reelixido presidente, e coa maioría do voto popular. Os aquí presentes, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, tentan aclarar algo o camiño dos lodos, aquí e aló. Quen non parece moi disposto a aclarar nada é o grupo parlamentario do PP de Galicia, que entre a lista non negociable de comparecencias da comisión de investigación sobre as contratacións de Sanidade nos últimos anos (Hospital Álvaro Cunqueiro, parentes mellorados de Alberto Núñez Feijóo…) non contempla precisamente a comparecencia de quen foi o responsable de todo (e magnífico xestor, segundo el propio) durante 15 anos, o tal Núñez Feijóo.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail