CTL 55: Paula Pier

Paula é actriz. Naceu na Coruña. Na súa traxectoria xa van unha chea de espectáculos e aparicións en audiovisual. Falamos con ela do seu «Eu, Fraude!», un espectáculo que fala da posibilidade de agarrarse forte á vida e de gritarlle ao mundo coa voz do noso propio ser. Di ela: Abro o corazón e as entrañas e deixo que asomes a cabeza pola xanela da miña alma. Recito, bailo, conto e canto as miñas dores, as miñas alegrías, as miñas luces e as miñas máis témeras sombras. Hoxe estamos aquí para facerlle un canto á vida! Acompáñana (no escenario, non no podcast xD): Chus López ó saxo, Sandra Pérez na percusión e María Velasco á guitarra.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail