Os repuntes de covid-19 en Galicia debilitan a estratexia electoral de Feijóo

O Goberno galego cerrou cinco días a comarca lucense de A Mariña por un rebrote de coronavirus donde xa hai 131 afectados. Os positivos non poderán saír da casa para votar e o aumento de casos pode desembocar nunha abstención nas urnas este domingo por temor ao contaxio.

Todo lle ía ben a Alberto Núñez Feijóo para renovar a súa cuarta maioría absoluta este domingo. Con todo, o brote de coronavirus na Mariña (Lugo) e os cinco días de clausura dos 14 municipios lucenses cambiaron o rumbo da súa estratexia electoral. A cifra de afectados continúa crecendo e elévase a 131, e 1100 persoas que mantiveron contacto cos positivos están en confinamento. Isto pode afundir a participación o vindeiro domingo polo medo ao contaxio nunha poboación envellecida e afín ao PP.

Galicia foi a primeira comunidade en saír do estado de alarma e ese titular foi buscado por Feijóo. O presidente non se esperaba que a comunidade ía ser a segunda do país en ter que volver confinar á súa poboación. Na Mariña, unha zona costeira de Lugo, viven case 70.000 habitantes e os contaxios apuntan a que van arumentar, por iso esta fin de semana o Goberno galego decidiu clausurar a zona. Quen comunicou a mala noticia foi o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, o mesmo que estivo na sombra durante todo o estado de alarma para que Feijóo se convertera na imaxe da xestión da pandemia, favorecida pola chegada tarde do virus cuns datos máis positivos en comparación con outras comunidades.

[Puedes seguir leyendo este artículo en castellano aquí]

«Considérase necesario neste momento aumentar os niveis de esixencia no distrito sanitario da Mariña para mellorar o pronóstico e adiantarnos á posibilidade dun crecemento exponencial», manifestou Almuiña, así como que haberá que seguir a «evolución diaria» dos casos para tomar a decisión de alongar o período de peche. A orixe do repunte viría dado no concello de Burela e afecta no seu maior parte a mozos entre 20 e 35 anos. O foco, segundo apunta a Xunta, vincúlase «fundamentalmente ao lecer».

Os concellos pediron máis información sobre a evolución do repunte e máis recursos para facerlle fronte, xa que o dereito a voto da poboación confinada pode verse afectado este domingo. Aínda non hai instrucións claras e segundo recolle o Diario Oficial de Galicia (DOGA), a decisión tomarase unha vez terminen eses cinco días, un período un tanto cuestionado debido a que son quince días de « hibernación» os que decretaba o Goberno estatal durante o estado de alarma pola incubación do coronavirus. Catalunya, a primeira comunidade en rexistrar rebrotes, tamén decretou unha quincena de confinamento na comarca do Segrià (Lleida).

Segundo o DOGA, aínda que haxa restricións de mobilidade na Mariña polo repunte, poderá exercerse o «dereito fundamental como é o do sufraxio» e considerarase xustificado o desprazamento para este exercicio, tamén para aquelas persoas que estean confinadas tomando medidas de seguridade. «Vaise con máscara, vótase e vólvese a casa», explicou o conselleiro. Con todo, non poderán facelo as que desen positivo nas probas.

Isto pode dar unha volta aos resultados esperados polo PP nestas eleccións autonómicas. Os estudos demoscópicos revalidan a maioría absoluta do PP, solidificada pola xestión da pandemia por parte de Feijóo, afastándose dos seus compañeiros de partido en Madrid, escondendo as siglas do PP na súa propaganda e cos medios de comunicación públicos ao seu favor. De feito, a Televisión de Galicia non informou do rebrote nin cando o conselleiro trasladaba a noticia do confinamento, a canle tivo que recollelo máis tarde no telexornal do mediodía.

Estas eleccións son resultado da cancelación dos comicios de abril polo estado de alarma e a convocatoria non estaba apoiada polas forzas políticas de esquerda. O PP, con todo ao seu favor e tras varios meses cultivando a campaña electoral onde o presidente da Xunta comparábase co goberno de Pedro Sánchez e presumía de anticipación na pandemia, o boomerang vénlle de volta a Alberto Núñez Feijóo, debido a que non existía un protocolo claro de actuación en Galicia para novos rebrotes, e é algo que a oposición empeza a botarlle en cara: que todo isto podería terse evitado.


Este artigo publicouse orixinariamente en castelán en Público como parte dun acordo de colaboración con este periódico. Aquí podes atopar máis artigos de Público en Luzes.

 

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail